Saltar ao contido

Nós Diario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nós Diario
Xornal de intereses galegos
TipoInformación xeral
Nº de páxinas32
CorCor
Fundación2 de xaneiro de 2020
DirectorAlberte Mera
EditorialSermos Galiza S.A.
RedacciónX. M. Piñeiro, Héctor Pena, Susana Rois, Antón Escuredo, Manuel Xestoso, Xosé R. Ermida, Ricardo Suárez, Elvira Branco, Patricia Villarino
LinguaGalego
Portugués
ÁmbitoGaliza
Periodicidadediario
Prezo1,60 euros
3,20 euros (sábados)
SecciónsGaliza, economía e traballo, opinión, internacional, deportes, pasatempos, cultura, axenda, contracultura
PredecesorSermos Galiza
Na rede
https://www.nosdiario.gal/
Facebook: NosDiarioGZ Twitter: NosDiario Instagram: nosdiario Youtube: UCSnk3GAeQ5JxJVXeYKT0OOQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nós Diario é un xornal galego, publicado en Santiago de Compostela. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 2 de xaneiro de 2020.[1]

En novembro de 2017 o consello de administración da empresa Sermos Galiza S.A. emitiu un comunicado no que anunciaba a súa intención de comezar a editar un diario en papel.[2] Para facelo realidade artellouse un grupo promotor de 175 persoas e colectivos sociais,[3] que presentou o proxecto en xaneiro de 2018.[4] Conseguida a participación de máis de 3000 subscritores anunciou a súa saída para 2019,[5] aparecendo nos quioscos en xaneiro do 2020 con exemplares cinco días por semana (de terza feira a sábado).

O xornal foi excluído polo goberno galego do repartimento de axudas aos medios do ano 2021, co argumento de non ser un diario, malia que a OXD define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".[6] A Xunta volveu excluír o xornal da liña de axudas no 2022, malia figurar entre os seus obxectivos a normalización da lingua e a defensa da cultura galega.[7] As reclamacións da empresa foron desestimadas polo TSXG en xaneiro de 2023.[8]

Consello de administración

[editar | editar a fonte]
  1. "Nós Diario: o soño que virou nunha realidade". Sermos Galiza. 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2020. 
  2. "Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28. 
  3. "'O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social". Nós Diario. Consultado o 2022-03-08. 
  4. "Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’". Nós Diario. Consultado o 2022-02-28. 
  5. "Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego". Nós Diario. Consultado o 2022-03-11. 
  6. "A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa". Nós Diario. Consultado o 2022-03-16. 
  7. "A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita". Nós Diario. 2022-05-05. Consultado o 2022-05-05. 
  8. Costa, Xoán (2023-01-04). "A xustiza, os dicionarios e a lóxica". Nós Diario. Consultado o 2023-01-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]