Real mosteiro de Santa María de Guadalupe
(es) Real Monasterio de Santa María de Guadalupe | ||||
Tipo | mosteiro colección de arte monumento convento franciscano (pt) hospital (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Guadalupe, España | |||
| ||||
Características | ||||
Material usado | pedra | |||
Superficie | 1,1 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1993 (17ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) | |||
Identificador | 665 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 1 de marzo de 1879 | |||
Identificador | RI-51-0000024 | |||
Páxina web | monasterioguadalupe.com | |||
O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é un mosteiro estremeño situado na localidade de Guadalupe, na provincia de Cáceres. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993. No seu interior aprécianse os estilos gótico, mudéxar, renacentista, barroco e neoclásico, é dicir, dende o século XIII ao XVIII.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Antes da ampliación monástica, o santuario mantívose como priorado secular durante corenta e oito anos nos reinados de Afonso XI de Castela e Henrique II de Castela, baixo padroado real e señorío civil. En 1389 pasou a ser mosteiro, segundo unha real provisión expedida por Xoán I de Castela. Os seus novos moradores foron os monxes da Orde Xerónima, unha comunidade de 32 membros procedentes de San Bartolomé de Lupiana. En 1835 tivo lugar a exclaustración, quedando a igrexa para uso de parroquia dependente de Toledo. Anos despois declarouse ao conxunto Monumento Nacional (1879). Afonso XIII consignou unha Real Orde para a entrega do santuario aos frades franciscanos, co que comezou unha nova etapa. Pío XII, en 1955, outorgou ao santuario a condición de basílica.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada principal gótica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real mosteiro de Santa María de Guadalupe |