Saltar ao contido

Monte Ararat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMonte Ararat
(tr) Ağrı dağ Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña
atracción turística Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Ağrı, Turquía Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°42′N 44°18′L / 39.7, 44.3
CordilleiraPlanalto Armênio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude5.137 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.611 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico379,29 km Editar o valor en Wikidata
Área importante para as aves
Identificadorağrı-mount-iba-türkiye
BNE: XX4704157

O monte Ararat (turco Ağrı; armenio Արարատ; persa آرارات; hebraico אררט, Hebraico standard Ararat, Hebraico Tiberiano ʾĂrārāṭ), a máis alta montaña da moderna Turquía, é un cono volcánico cuberto de neves eternas e localizado no extremo nordés de Turquía, a 16 km a oeste do Irán e a 32 km ao sur da Armenia. O Xénese identifica esta montaña como o lugar onde a Arca de Noé pousara en terra firme despois do Diluvio.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]
Monte Ararat.

Un cono un pouco menor (3.896 m), o Pequeno Monte Ararat, sitúase ao suroeste do pico principal. O leito de lava espállase entre os dous picos. Tecnicamente, o monte Ararat é un estratovulcán, formado de correntes de lava e exección piroclástica.

Nunca se rexistrou ningunha erupción no monte Ararat, mais suponse que teña habido erupcións nos últimos 10.000 anos. Distante de calquera placa continental, a causa do vulcanismo do monte Ararat non é ben comprendida polos científicos.

Ascensión

[editar | editar a fonte]

O monte Ararat foi escalado pola primeira vez o 27 de setembro de 1829, por Johann-Friedrich von Parrot xun., Reitor da Universidade Dorpat (Estonia), acompañado de catro estudantes.

A Arca de Noé

[editar | editar a fonte]

Na fin da década de 1950, causaron grande alborozo científico uns vestixios coa forma dunha embarcación en fotos aéreas do Ararat, ata que algunhas expedicións identificaron eses vestixios como efectos topográficos e lava.

O Ararat e Armenia

[editar | editar a fonte]

A pesar de estar localizado en Turquía, o Monte Ararat é o símbolo nacional de Armenia, onde ás veces se chama Masis (Մասիս), e aparece no centro do brasón de Armenia. A montaña é perfectamente visible desde varios puntos de Armenia, incluíndo a capital Iereván, e represéntase frecuentemente en obras de artistas.