Saltar ao contido

Mary Beard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Beard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Much Wenlock, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewnham College (en) Traducir
Shrewsbury High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía clásica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Cambridge Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónerudita clásica, presentadora de televisión, profesora universitaria, historiadora da relixión, filóloga clásica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKing's College de Londres
Newnham College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJoyce Maire Reynolds (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRobin Cormack (1985–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2941232 Twitter: wmarybeard BNE: XX850488 Dialnet: 339241 Editar o valor en Wikidata

Winifred Mary Beard, nada en Much Wenlock, Shropshire, o 1 de xaneiro de 1955,[1] é unha académica inglesa especializada en estudos clásicos. É catedrática na Universidade de Cambridge, fellow do Newnham College e profesora de literatura antiga da Royal Academy of Arts. Destacan os seus traballos de divulgación histórica. É editora de clásicos de The Times Literary Supplement e autora do blog A Don's Life,[2] publicado en The Times como unha columna regular.[3] Polas súas frecuentes aparicións nos medios e as súas declaracións públicas, ás veces polémicas foi descrita como a «clasicista máis coñecida de Gran Bretaña».[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mocidade e educación

[editar | editar a fonte]

Beard, filla única, naceu o 1 de xaneiro de 1955 en Much Wenlock.[5] A súa nai, Joyce Emily Beard, era directora dun centro escolar e entusiasta lectora. O seu pai, Roy Whitbread Beard, traballaba como arquitecto en Shrewsbury.[6] Ela lémbrao como un tipo de escola pública disoluto e un completo desbaldidor, mais moi atractivo.

Beard asistiu á Shrewsbury High School, unha escola privada para nenas. Durante o verán participaba en escavacións arqueolóxicas para gañar diñeiro para os seus propios gastos. Aos dezaoito anos foi entrevistada para obter unha praza no Newnham College de Cambridge e superou o entón obrigatorio exame de entrada. Pensou ir ao King's College, pero descartouno cando descubriu que esa universidade non ofrecía bolsas ás mulleres.

A pesar de estudar nunha universidade feminina comprobou no seu primeiro ano que algúns homes mantiñan na universidade unha actitude desdeñosa cara ao potencial académico das mulleres e iso fortaleceu a súa determinación para ter éxito. Tamén desenvolveu os seus puntos de vistas feministas[7] que foron «enormemente importantes» na súa vida posterior, a pesar de que máis tarde describiu o «feminismo ortodoxo moderno» como parcialmente "baleiro". Beard dixo dende entón que «Newnham podería facelo mellor converténdose nun lugar onde se poidan xerar temas críticos» e tamén describiu os seus puntos de vista sobre o feminismo, dicindo: «En realidade non podo entender que sería ser unha muller sen ser unha feminista».[8] Beard recibiu un BA (Hons) en Newnham, que co tempo se converteu nun MA.[9][10] Permaneceu en Cambridge para realizar a súa tese de doutoramento en 1982 titulada The state religion in the late Roman Republic: a Study Based on the Works of Cicero ("A relixión de Estado na República romana tardía: un estudo baseado nas obras de Cicerón").

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

De 1979 a 1983 Beard deu clases de clásicas no King's College de Londres. Volveu a Cambridge en 1984 como membro do Newnham College sendo nesa época a única muller conferenciante na facultade de Clásicas. Rome in the Late Republic, que coescribiu co antigo historiador de Cambridge Michael Crawford foi publicado ese mesmo ano.

Beard converteuse en editora de clásicos de The Times Literary Supplement en 1992. En 1994 fixo unha aparición en televisión nun debate sobre os Open Media para a BBC, Weird Thoughts, xunto a Jenny Randles e James Randi.[11]

Pouco despois do ataque do 11 de setembro de 2001 contra o World Trade Center, Beard foi unha dos autores convidados a contribuír con artigos sobre o tema na London Review of Books. Opinou que moitas persoas, unha vez que o shock se desvaneceu, pensaban que os Estados Unidos o merecían, e que os abusóns do mundo, mesmo se o seu corazón estaba no lugar correcto, acabarían pagando o prezo» (o chamado «argumento Roosting Chickens»).[12] Nunha entrevista en novembro de 2007, declarou que a hostilidade que eses comentarios provocaron aínda non amainara, aínda que cría que se converteu nun punto de vista habitual asociar o terrorismo coa política exterior dos Estados Unidos.

En 2004, Beard converteuse en profesora de Clásicas en Cambridge.[13] Tamén foi nomeada profesora visitante Sather de literatura clásica en 2008-2009 na Universidade de California, Berkeley, onde pronunciou unha serie de conferencias sobre «Roman Laughter» ("Riso romano").[14] En 2009 recibiu o Premio de Historia Wolfson.

En decembro de 2010, na BBC Two, Beard presentou o documental histórico gráfico, Pompeii: Life and Death in a Roman Town ("Pompeii: vida e morte nunha cidade romana"), presentando os restos da cidade a partir de probas forenses, co obxectivo de mostrar unha instantánea da vida dos residentes antes da erupción do Vesuvio.[15] En 2011 tomou parte nunha serie de televisión, Jamie's Dream School en Channel 4, e en 2012 escribiu e presentou para a BBC Two a serie de televisión en tres partes, Meet the Romans with Mary Beard, que relata como vivía a xente común en Roma, a «primeira metrópole global do mundo». Beard é unha colaboradora habitual da serie da BBC Radio 4, A Point of View, coa entrega de ensaios sobre unha ampla gama de temas, incluíndo Miss World[16] e a Oxbridge Interview.[17]

Beard recibiu considerables ciberacosos despois de que aparecese en xaneiro de 2013 no programa da BBC Question Time dende Lincolnshire, e se expresase positivamente sobre os traballadores inmigrantes que vivían no condado.[18][19] Beard citou os comentarios abusivos que recibira no seu blog como resultado desas opinións, e reafirmou o seu dereito a expresar opinións impopulares e presentarse en público nunha maneira auténtica.[20][21] O 4 de agosto de 2013, recibiu unha ameaza de bomba en Twitter; horas despois os directores no Reino Unido da rede social condenaron que as mulleres experimentasen abusos no seu servizo. Beard dixo que non cría que estivese en perigo físico, pero o consideraba acoso e quería "asegurarse" de que este asunto fose coñecido pola policía.[22]

En abril de 2013, foi nomeada profesora de literatura antiga da Royal Academy of Arts.[23] O seu Confronting the Classics: Traditions, Adventures and Innovations, dese ano, é unha revisión documentada de como se emprega e se cuestiona a tradición clásica; o libro está constituído por capítulos-recensións baseados en lecturas de estudos recentemente publicados.

En decembro de 2015 foi de novo un dos membros do xurado da BBC Question Time dende Bath.[24] En marzo de 2016 Beard presentou o programa da BBC Pompeii: New Secrets Revealed with Mary Beard.[25]

Aproximación académica

[editar | editar a fonte]

Segundo Clifford Ando, outro experto en estudos clásicos da Universidade de Chicago, Beard caracterízase por dous aspectos do seu achegamento ás fontes: ela insiste en que as fontes antigas deben entenderse como documentación das actitudes, o contexto e as crenzas dos seus autores, non como fontes fiables dos eventos que mencionan, e en segundo lugar, sostén que as historias modernas de Roma deben contextualizarse coas actitudes, as visións do mundo e os propósitos dos seus autores.[26]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Beard casou con Robin Cormack, clasicista e historiador da arte, en 1985. A súa filla Zoe é historiadora do Sudán do Sur e o seu fillo Raphael é un estudoso da literatura exipcia.[27]

En 2000, Beard revelou nun artigo no que trataba dun libro sobre a violación que ela tamén fora violada en 1978.[27] O seu blog, A Don's Life, logrou arredor de 40 000 visitas ese día, segundo The Independent (2013).[28]

En agosto de 2014, Beard foi unha das 200 figuras públicas que asinaron unha carta a The Guardian expresando a súa esperanza de que Escocia votase para permanecer como parte do Reino Unido no referendo convocado para setembro.[29] En xullo de 2015, Beard apoiou a campaña de Jeremy Corbyn como líder do Partido Laborista. Ela dixo "Se eu fose membro do Partido Laborista, votaría por Corbyn. El realmente parece ter compromisos ideolóxicos, que poderían levar a pensar o Partido Laborista sobre que apoia realmente".[30][31]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. "Prof Mary Beard, OBE Authorised Biography | Debrett's People of Today". Debretts.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  2. Traducido, "A vida dun Don". O vocábulo Don na cultura de Oxbridge é equivalente a "catedrático".
  3. "A Don's Life". Timesonline.typepad.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  4. Paul Laity. "The dangerous don" (interview). "Britain's best-known classicist". 
  5. "Interview with Mary Beard, the classical world's most provocative figure | Books". The Guardian. 
  6. "BEARD, Prof (Winifred) Mary". "a raffish public-schoolboy type and a complete wastrel, but very engaging". 
  7. Marcos, Mónica Zas (2021-11-01). "Mary Beard: "Ser feminista me ha traído más problemas que ser republicana"". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-11-02. 
  8. Story: Ashley Chhibber  . "Interview: Mary Beard | Interviews | The Cambridge Student". Tcs.cam.ac.uk. I actually can't understand what it would be to be a woman without being a feminist. 
  9. "The Cambridge MA: : Student Registry". Admin.cam.ac.uk. 
  10. "Oxbridge students' MA 'degrees' under threat". 
  11. EOFF Arquivado 19 de febreiro de 2005 en Wayback Machine., consultado o 5 de xaneiro de 2016.
  12. Mary Beard. "11 September". the shock had faded", thought "the United States had it coming", and that "[w]orld bullies, even if their heart is in the right place, will in the end pay the price 
  13. "Appointments, reappointments, and grants of title". CXXXV.20. 
  14. "The Sather Professor". University of California, Berkeley Department of Classics. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  15. Pompeii: The Life of a Roman Town (2008); ISBN 1-86197-516-3 (U.S. title: The Fires of Vesuvius: Pompeii Lost and Found; Harvard University Press)
  16. "BBC Radio 4 - A Point of View, On Age and Beauty". Bbc.co.uk. The world's first global metropolis 
  17. "BBC Radio 4 - A Point of View, The Oxbridge Interview". Bbc.co.uk. 
  18. "Mary Beard suffers 'truly vile' online abuse after Question Time". 
  19. "Cambridge professor under fire for Boston immigration comments on BBC Question Time", Arquivado 11 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Boston Standard, 21 de xaneiro de 2013
  20. "Internet fury: or having your anatomy dissected online". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  21. Lark Turner. "In Britain, an Authority on the Past Stares Down a Nasty Modern Storm". I've chosen to be this way because that's how I feel comfortable with myself," Beard said. "That's how I am. It's about joining up the dots between how you look and how you feel inside, and I think that's what I've done, and I think people do it differently. 
  22. "Bomb threat tweet sent to classicist Mary Beard - BBC News". Bbc.co.uk. 
  23. "Mary Beard named as Royal Academy of Arts professor of ancient literature" Arquivado 22 de outubro de 2018 en Wayback Machine., The Independent, 10 de abril de 2013
  24. 18:00. "BBC One - Question Time, 10/12/2015". Bbc.co.uk. 
  25. 21:00. "BBC One - Pompeii: New Secrets Revealed with Mary Beard". Bbc.co.uk. 
  26. "The Rise and Rise of Rome". The New Rambler. 
  27. 27,0 27,1 Mead, Rebecca (25 de agosto de 2014). "The Troll Slayer". The New Yorker. Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  28. "Mary Beard interview: 'I hadn't realised that there were people like". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2018. 
  29. "Celebrities' open letter to Scotland – full text and list of signatories". The Guardian. 7 de agosto de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  30. Orixinal en inglés: "If I were a member of the Labour Party, I would vote for Corbyn. He actually seems to have some ideological commitment, which could get the Labour Party to think about what it actually stands for".
  31. Wilkinson, Michael (27 de xullo de 2015). "Mary Beard joins Jeremy Corbyn's celebrity backers in Labour leadership race". The Daily Telegraph. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  32. London Gazette, 29 de decembro de 2012 (en inglés)
  33. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2012. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  34. Reach, Kirsten (14 de xaneiro de 2014). "NBCC finalists announced". Melville House Publishing. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  35. "Announcing the National Book Critics Awards Finalists for Publishing Year 2013". National Book Critics Circle. 14 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014. 
  36. "Mary Beard joins list of famous names including Stephen Hawking and Hilary Mantel to receive Bodleian Libraries medal". Oxford Mail. 22 de febreiro de 2016. Consultado o 24 de febreiro de 2016. 
  37. "Previous winners". The Wolfson Foundation. 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de decembro de 2018. 
  38. Fundación Princesa de Asturias. "Mary Beard- Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales." (en castelán). Consultado o 30 de maio de 2016. 
  39. "La historiadora Mary Beard, premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociales 2016" (en castelán). ABC Cultura. 25 de maio de 2016. Consultado o 25 de maio de 2016. 
  40. "Mary Beard | UC3M". www.uc3m.es (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  41. "La investigadora y divulgadora Mary Beard será investida mañana Doctora Honoris Causa por la UC3M". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  42. "Xornal USC; Novas". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2022-06-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]