Saltar ao contido

María do Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría do Cebreiro

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica, doutora en Teoría da Literatura
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, profesora universitaria, tradutora, escritora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoPoesía e ensaio
Familia
PaisXesús Rábade Paredes Editar o valor en Wikidata  e Helena Villar Janeiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsAbe Rábade Editar o valor en Wikidata
Premios
Accésit do XXI Premio Esquío de poesía en lingua galega en 2001 por Nós, as inadaptadas.

Premio de poesía Caixanova en 2003 por Non queres que o poema te coñeza.
VI Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica en 2004 por As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña.

Premio da Crítica de poesía galega por O deserto (2015).

Facebook: m.cebreiro Twitter: mariadocebreiro BNE: XX1374937 Bitraga: 1751 AELG: 218 BUSC: maria-do-cebreiro-1976 Dialnet: 181720 Editar o valor en Wikidata

María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976,[1] é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes e irmá do pianista Abe Rábade.[2] En 1998 licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en Teoría da Literatura, investigadora e profesora Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.[3][4] Doutora pola USC coa tese Aproximación teórica ao fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espazo: as antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña (2004), dirixida por Fernando Cabo Aseguinolaza.[5]

En 1998 viu a luz o seu primeiro libro de poemas O estadio do espello. Seguírono (nós, as inadaptadas) (2002, accésit do XXI Premio Esquío de Poesía en Lingua Galega), Non queres que o poema te coñeza (2004, galardoado co II Premio de poesía Caixanova 2003), O barrio das chinesas (2005), Os hemisferios (2006), Cuarto de outono (2008), Non son de aquí (2008), Os inocentes (2014), O deserto (Premio da Crítica de poesía galega e Premio da Crítica Galicia en Creación Literaria, 2015), A lentitude (2017) e Soños. Arquivos. Cartas (2018).

En 2004 acadou o Premio de Investigación Dámaso Alonso coa obra As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, extraída da súa tese de doutoramento Aproximación teórica ó fenómeno antolóxico desde a perspectiva do espacio (2004), na que ensaia unha teoría das antoloxías poéticas no contexto literario peninsular, e máis especificamente nas sociedades galega e catalá contemporáneas. No ano 2005 publica As terceiras mulleres, ensaio trazado ao redor da nova maneira de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística feita por mulleres. Xa en 2011 ve a luz Fogar impronunciable. Poesía e pantasma onde reflexiona sobre a desaparicion e a literatura como un dos medios de representación histórica.

Coordinou as escolmas A poesía é o gran milagre do mundo (2001), mostra de poesía galega contemporánea traducida ao inglés, e Damas negras (2002), antoloxía e tradución ao galego de letras de cancións cantadas por mulleres.

En 2016 gañou o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto (Apiario, 2015) e en 2021 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Maternidades Virtuosas (Galaxia, 2022).

Antoloxías coordinadas

[editar | editar a fonte]
  • A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle (2001). PEN Clube de Galicia.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Damas negras: música e poesía cantada por mulleres (2002). Xerais.
  • Tres vidas, de Gertrude Stein (2006). Galaxia.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90 (Letras de Cal, 1999).
  • Mini-relatos, (Libraría Cartabón, 1999).
  • Novas voces da poesía galega: recital (Consello da Cultura Galega, 2000).
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
  • Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (Espiral Maior, 2003).
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra (Consello da Xuventude de Galicia, 2004).
  • Das sonorosas cordas (Eneida, 2005).
  • X. Espazo para un signo (Xerais, 2005).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior/Xunta de Galicia, 2006).
  • Reflexos. Semana da Cultura Galega em Lisboa (Portugalizando, 2007, Lisboa).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Letras novas (2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • To The Winds Our Sails (2010, Salmon Poetry). Tradución do galego ao inglés.
  • XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011, S. C. D. Condado).
  • Performing Poetry. Body, Place and Rhythm in the Poetry Performance (2011). En inglés e galego.
  • As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • A guerra (2013, Barbantesa). Con Daniel Salgado.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • Participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada (PDF). CCG. 2014. 
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Relatos da Ulloa (2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis).
  • El primer loco: edición facsimilar e ilustrada (2019). Alvarellos.
  • Pensamiento y crítica literaria en el siglo XX (castellano, catalán, euskera, gallego) (2019). Cátedra
  1. Pen Clube de Galicia, ed. (11 de abril de 2016). "María do Cebreiro Rábade". pengalicia.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019. 
  2. "María do Cebreiro: «Son o froito da historia de amor de meus pais coa poesía»". La Voz de Galicia. 2018-10-01. Consultado o 2022-09-22. 
  3. "Editorial Galaxia María do Cebreiro Rábade Villar". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2022. Consultado o 2022-09-22. 
  4. "Maria Do Cebreiro Rabade Villar Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-09-22. 
  5. "MARIA DO CEBREIRO RABADE VILLAR - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-09-22. 
  6. "Non queres que o poema te coñeza Editorial Danú LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-09-22. 
  7. Santiago, Concello de. "María do Cebreiro publica "O barrio das chinesas", dentro da colección "Poeta en Compostela" - {*titulo}. Concello de Santiago de Compostela". www.santiagodecompostela.gal. Consultado o 2022-09-22. 
  8. "I Am Not from Here". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  9. "Shearsman Books publica en inglés un poemario de María do Cebreiro" Arquivado 01 de maio de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 26 de abril de 2010.
  10. "Poemas históricos". Maria do Cebreiro Rábade Villar. Consultado o 2022-09-22. 
  11. "O grupo". Maria do Cebreiro Rábade Villar. Consultado o 2022-09-22. 
  12. "A ferida". Maria do Cebreiro Rábade Villar. Consultado o 2022-09-22. 
  13. "The Desert". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  14. "Editorial Galaxia As terceiras mulleres". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-09-22. 
  15. "Fogar impronunciable". editorialgalaxia. 
  16. "Maternidades virtuosas". editorialgalaxia. 
  17. "María do Cebreiro Rábade Villar Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-09-22. 
  18. "María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021". Editorial Galaxia. 2021-12-21. Consultado o 2021-12-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]