Manuel Peña Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1899 San Xurxo de Sacos, España |
Morte | 30 de abril de 1957 (57 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Familia | |
Fillos | Manuel Peña-Rey Bouzas |
Manuel Peña Rey, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) o 7 de xuño de 1899 e finado en Ourense o 30 de abril de 1957, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Pontevedra. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Especializouse en xinecóloxía e foi discípulo de Manuel Varela Radío. Estableceuse en 1918 en Ourense, onde abriu catro anos despois o primeiro sanatorio da provincia. Durante a Segunda República Española foi director do Hospital Provincial (1931-1934) e presidente do Colexio de Médicos. Militante galeguista, chegou a presidir o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO). Fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936, e ese mesmo ano volveu ser director do Hospital Provincial.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en agosto xunto con Vázquez de Parga. Estivo encarcerado no Carballiño e tardou máis de 8 anos en ser rehabilitado.[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Viascón con Celia Bouzas Barreiro en 1912,[3] e foi pai de María Esther, Marina, Celia, María de los Ángeles e Manuel Peña-Rey Bouzas, histórico dirixente do Partido Comunista de Galicia.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Opinión Gallega, 185, xuño-1958, p. 4-5.
- ↑ BOE, 29-1-1941, p. 464,
- ↑ La Correspondencia Gallega, 1-7-1912, p. 2.
- ↑ "Manuel Peña-Rey, Premio 10 de Marzo por "unha referencia ética no plano profesional e político"". 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2010). "Manuel Peña Rey, un nacionalista no punto de mira dos rebeldes". Grial (Galaxia) (187): 60–67.
- Lorda, David Simón (2001). "La medicina desterrada. Un repaso por la vida de varios médicos ourensanos represaliados por el franquismo.". Auria. febreiro (46): 18–23. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2012.