Saltar ao contido

Manuel Insua Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Insua Santos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1850 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1939 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata

Manuel Insua Santos nado en Viveiro o 10 de marzo de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1939, foi militar en Cuba, regresando da illa en 1892 como tenente de infantaría[1] dous anos despois de rematar a Guerra Chiquita [2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Los Amantes del Campo con Manuel Insua Santos nunha excursión en 1935.

Fixo o servizo militar en Cuba, e á volta residiu na Coruña, Lugo e Ferrol, para retirarse na Coruña. En 1913 fundou Los Amantes del Campo, unha asociación sen estatutos nin regulamentos formada por xentes unidas baixo o lema: saúde, forza e fraternidade. A única consigna que se lle daba aos que se achegaban a eles era: a boa educación. Todas as fins de semana e días festivos organizaban viaxes por tren ou autobús para visitar distintos lugares de Galiza. A asociación xurdiu nun momento en que había un crecente interese polo agro galego, a arquitectura popular e a arqueoloxía. Culminaría en 1923 coa creación do Seminario de Estudos Galegos.

Manuel Insua Santos foi nomeado fillo adoptivo da cidade da Coruña dándolle a Deputación da Coruña unha folla de carballo en prata. Promoveu e promocionou o ferrocarril sendo un dos impulsores do tren da costa, a liña de FEVE que dende Asturias chega a Ferrol.

Manuel Insua organizou unha auténtica rede en toda a comunidade de comisións locais. As súas accións duraron 15 anos nos que percorreron Galiza. En Barallobre levantaron o monumento ao camiñante descoñecido. En 1962 no parque de Santa Margarida da Coruña o concello adicoulle un monumento[3].

  • Fillo adoptivo da Coruña

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Noticias Militares". El telegrama : diario de la tarde, imparcial de noticias. 26/07/1892. p. 2-3 de 4. Consultado o 11/06/2023. 
  2. O coronel Insua, un precursor ecoloxista. El Progreso[Ligazón morta]
  3. "Manuel Insúa Santos, precursor do ecoloxismo". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de maio de 2013.