Luís de Sá Bravo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1909 Pontevedra, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Irmáns | Hipólito de Sa Bravo |
Luís de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 29 de decembro de 1909, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Hipólito de Sá Bravo. Estudou maxisterio en Pontevedra e foi presidente da FUE, rematando en 1932.[1] O seu primeiro destino como mestre foi a escola do pósito da Illa de Arousa. Foi nomeado ministro de Cultura da República Federal da Illa de Arousa o 7 de outubro de 1934. Militou nas agrupacións socialistas de Pontevedra e Vilagarcía e foi vicesecretario da Federación de Colectividades Socialistas de Pontevedra e líder das Juventudes Unificadas. Participou e varios mitins da campaña electoral de febreiro de 1936 e no multitudinario mitin do primeiro de maio de 1936 na praza de touros de Pontevedra. Firme defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia polo que fixo unha activa campaña.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse ata o mes de xuño de 1939 en que se presentou ás autoridades. Ingresou no cárcere da Parda o 15 de xuño. Xulgado en consello de guerra o 26 de febreiro de 1940 foi condenado o 21 de marzo a 12 anos de reclusión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.[2] Saíu en prisión atenuada o 17 de outubro dese ano. Suspendido como mestre en setembro de 1936, foi separado do servizo con baixa no posto.[3] Exerceu a docencia no Colexio León XIII de Vilagarcía. Rehabilitado posteriormente, reingresou no corpo e foi mestre en Noia,[4] Xanceda e Cambados nos anos sesenta.[5]