Saltar ao contido

Licor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Licor de framboesa.

O licor é unha bebida alcólica doce, xelmente mesturada con froitas, herbas, condimentos, flores, sementes, raíces, cascas de árbores ou cremas. O termo vén do latín liquifacere, liquefacer, disolver, en referencia ás mesturas que se empregan na fabricación da bebida. Os licores non acostuman a ser envellecidos por moito tempo, aínda que poden quedar algún tempo descansando até que adquiran o sabor ideal. A descrición máis común de licor é a dunha bebida doce, de alto contido alcólico. Servido en pequenas copas, é ideal durante ou despois da sobremesa, aínda que pode tomarse só, ou poden servirse durante un cóctel.

Composición

[editar | editar a fonte]

A súa composición leva azucre, xarope, alcol, amais de frutas, plantas, madeiras e herbas, que lle dan o sabor característico de cada bebida.

Algúns licores son preparados por infusión, outros fanse por destilación de axentes aromáticos.

A distinción entre licor e bebida alcólica non é simple, especialmente porque na actualidade moitas bebidas alcólicas están dispoñibles con sabores doces. Con todo as bebidas alcólicas con sabor non se preparan por infusión. O contido de alcol non é unha característica distintiva, a maioría dos licores teñen menos graos alcólicos que as bebidas alcólicas, aínda que algúns licores poden ter ata 55 graos (asente, por exemplo).

A destilación da auga con líquidos aromáticos coñécese dende a Antigüidade. Pensadores como Hipócrates, Galeno e Plínio escribiran xa sobre o asunto. No 900 a.C. os árabes inventaran a produción do alcol por medio da fermentación. É improbable, entre tanto, que isto ocorrira con cereais fermentados no norte de Europa, pouco despois dos árabes.

A produción de licores aconteceu despois. No inicio, só se adozaban alcoles aos cales, groseiramente, adozaban xaropes e herbas (estas, tanto para dar gusto como para fins terapéuticos).

Na Idade Media, o viño (e máis tarde o alcol) era o principal antiséptico. As plantas, raíces e herbas inxeríanas os monxes para a cura de varias doenzas. Os alquimistas levaron esas investigacións adiante.

Historicamente os licores derivan das herbas medicinais, xeralmente as preparadas por monxes, como os Beneditinos. Os licores foron elaboados en Italia dende o século XIII.

Clasificación dos licores

[editar | editar a fonte]
  • Licores de chocolate
  • Licores de café
  • Licores de nata
  • Licores de crema
  • Licores de froitas
  • Licores de framboesa, amora
  • Licores de herbas
    • Licores anisados
    • Licores condimentados con outras herbas
    • Licores de noz
  • Outros licores (vainilla, mel, laranxa....)

Lista de Licores

[editar | editar a fonte]