Lago de Maracaibo
(es) Lago de Maracaibo | ||||
Tipo | lago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Venezuela | |||
División administrativa | Municipio Maracaibo, Venezuela (pt) | |||
Localización | Maracaibo | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Golfo de Venezuela | |||
Características | ||||
Altitude | 0 m | |||
Profundidade | 60 m | |||
Dimensións | 67 () × 99 () km | |||
Superficie | 13.210 km² | |||
National historical monument of Venezuela (en) | ||||
Medicións | ||||
Volume físico | 280 km³ | |||
O lago de Maracaibo, lago Maracaibo, lago de Zulia ou lago Coquivacoa é un lago de auga salobre situado no occidente de Venezuela.
Nomes
[editar | editar a fonte]Recibe o seu nome da cidade de Maracaibo no estado de Zulia, que á súa vez recibe, posibelmente, o seu nome dun xefe indíxena[1]. Outro nome que aínda é usado, con menos frecuencia é o de lago Coquivacoa, pola rexión de Coquivacoa.
Situación
[editar | editar a fonte]O lago está situado na parte máis occidental de Venezuela, entre os estados de Zulia, Trujillo e Mérida.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]Polas súas características xeolóxicas é discutido se é axustado o nome de lago. Considerado como tal, ten unha superficie de entre duns a 13 800 km², é o maior de América Latina e o 19º entre os lagos máis grandes do mundo. O rexistro xeolóxico demostrou que no pasado foi un lago indiscutíbel, e como tal, o segundo máis antigo da Terra (após o lago Baikal[2]) cunha antigüidade de entre 20 e 36 millóns de anos, aínda que conecta co mar de forma similar a unha lagoa, a enorme antigüidade, a súa historia xeolóxica e a importante profundidade de Maracaibo diferénciano das verdadeiras lagoas, aquelas cunha historia xeolóxica moderna (con antigüidades duns poucos miles de anos) e unha escasa profundidade (en xeral, inferior a 5 metros) que as relaciona co lagoas.
No extremo norte conecta co Golfo de Venezuela por un estreito de 55 km. É alimentado por numerosos ríos, sendo o máis grande o río Catatumbo.
Meteoroloxía
[editar | editar a fonte](Véxase o artigo principal, Relampo do Catatumbo)
Nesta zona prodúcese o denominado raio Catatumbo, fenómeno que, a través de 1.176.000 raios por cada ano, xera até preto do 10% do ozono atmosférico do planeta. Serviu historicamente como Faro de navegantes.
Historia
[editar | editar a fonte]O 24 de xullo de 1823 a frota colombiana de Simón Bolívar liderada por José Prudencio Padilla venceu ao esquadrón realista de Ángel Laborde y Navarro na Batalla do lago Maracaibo, conseguindo a independencia de Venezuela.[3]
Economía
[editar | editar a fonte]Petróleo
[editar | editar a fonte]O lago posúe unha gran riqueza petrolífera, sendo onde se extrae a maior parte da produción de cru do país latinoamericano. A conca de Maracaibo é unha das zonas con maior riqueza petrolífera do mundo, con máis de 15.000 pozos perforados desde 1914.
Pesca
[editar | editar a fonte]O lago era de importancia vital para as comunidades indíxenas e posteriormente para os colonizadores europeos. A actividade industrial afectou ás capturas, porén a actividade pesqueira continúa. Téñense feito chamados para manter a biodiversidade, minguada pola contaminación e a pesca non selectiva.[4]
Ecosistema
[editar | editar a fonte]O lago ten augas bastante osixenadas o que o fai rico en algas e en peixes. A pesar da contaminación, ten unha grande biodiversidade. Especies como garzas, caimáns, camaróns, carangrexos, iguanas, meros, pelicanos, manatíes, golfiños ou quenllas[5] teñen aquí o seu hábitat. Nas beiras do lago atópanse mangleiros e plantas de coco, entre moitas outras especies. Existen numerosas especies de peixes endémicos da conca do lago de Maracaibo, entre elas o Lamontichthys maracaibero.----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Maracaibo". Venezuelatuya.com.
- ↑ "El lago Baikal, un lugar para contemplar y estudiar". Fundación Aquae (en castelán). Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Battle of Lake Maracaibo". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Yurasi Briceño: “En el lago de Maracaibo estarían muriendo cerca de 150 delfines al año”". Noticias ambientales (en castelán). 2020-03-05. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Barba Roja pesca tiburón toro en el Lago de Maracaibo". Consultado o 2022-04-30.