Saltar ao contido

La Ilustración Gallega y Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Ilustración Gallega y Asturiana
Portada do primeiro número de La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de Diego Sarmiento de Acuña.
PaísEspaña
LugarMadrid
Lingualingua castelá
Fundación1878
Na rede
Galiciana: 2684 BVPH: 4368
editar datos en Wikidata ]

La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada[1] editada en Madrid entre 1878 e 1882.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O propietario foi Alejandro Chao Fernández, a parte literaria estaba dirixida polo intelectual galeguista Manuel Murguía e a artística por José Fernández Cuevas (1844-1923)[2] e administrada por Luis Taboada. Tratouse dunha publicación multilingüe, editada en galego, asturiano e castelán.

O primeiro número, co primeiro dos títulos sinalados, saíu o 15 de xuño de 1878 e así seguiu saíndo durante ese ano. O 10 de xaneiro de 1879 aparece co título de La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidade quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.[3]

Nela publicaron textos autores como Rosalía, Eduardo Pondal ou Curros Enríquez. Amais, nas súas páxinas saíu a primeira novela en galego, Majina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares.[4]

  1. La prensa ilustrada en España (en castelán).
  2. "José Fernández Cuevas". Enciclopedia de Oviedo (en castelán). .
  3. "Se publica una edición facsímil de "La ilustración Gallega y Asturiana"". El País (en castelán). 30 de novembro de 1979. 
  4. La Ilustración Gallega y Asturiana Arquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. tomo II, n.º 21, Madrid, 28 de xullo de 1880.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]