José Ramón González Pérez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1968 (56 anos) Carreira, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1987 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Francisco Javier González Pérez |
José Ramón González Pérez, coñecido deportivamente como José Ramón, nado en Carreira (Ribeira) o 20 de maio de 1968 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogou no Deportivo da Coruña e na SD Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira comeza no equipo da súa vila natal, o Carreira CF, ata o ano 1986 no cal pasa ao Fabril Deportivo, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Durante a tempada 1993–94 sufriu unha lesión de pube que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante case toda a campaña. Ao ano seguinte abandonou o equipo tras gañar a Copa do Rei e fichou pola SD Compostela, onde xogou durante tres tempadas. Na campaña 1998–99 regresou ao Deportivo, retirándose no 2000 trala consecución do título de Liga.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 2008–09 firmou como adestrador do Montañeros CF, equipo da Terceira División que conseguiu meter nos postos de ascenso, conseguindo unha praza en Segunda División B tras o descenso do Ciudad de Santiago ao final da campaña. O 13 de maio de 2010 anunciou que non continuaría no club coruñés, tras posicionalo no décimo posto da categoría de bronce.[1]
En xaneiro de 2011 fíxose cargo novamente do Montañeros, tras o cesamento de Abraham García, que á súa vez fora o seu substituto cando abandonara o club o ano anterior.[2] En xaneiro de 2012 foi cesado debido aos malos resultados.
Persoal
[editar | editar a fonte]É irmán de Fran, tamén exfutbolista. Participou cantando con el no disco Selección Xa! da revista Bravú a favor da recuperación da Selección de fútbol de Galicia.