Saltar ao contido

José Pardo Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Pardo Gayoso
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

5 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Teruel (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata

José Pardo Gayoso, nado na Coruña o 25 de marzo de 1904 e finado en Houston o 8 de setembro de 1978, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Alejandro Viana con José Pardo Gayoso e a súa dona, con ocasión dunha sesión de Cortes no exilio en 1945.

Fillo de Alejandro Pardo Laborde. Fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Valladolid, onde rematou os estudos en 1925. Ingresou na Escola Nacional de Sanidade en 1927,[1] e foi inspector provincial de Sanidade en Teruel e Cáceres. Tivo unha bolsa da Fundación Rockefeller para estudos de pediatría social. En 1932 dirixiu o consello local de Acción Republicana de Teruel, logo ingresou en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi elixido deputado por Izquierda Republicana por esa provincia. Foi nomeado de subdirector da Sección Central de Hixiene Materno-Infantil da Dirección Xeral de Sanidade. Ao remate da guerra civil exiliouse en Venezuela, onde desempeñou traballos como pediatra do Ministerio de Asistencia Social en Mérida, Andes, Maracaibo e no Hospital de Trujillo, onde foi director da Revista de la Sociedad Médica de Trujillo. Revalidou os estudos de Medicina na Universidade Central de Caracas e abriu consulta como médico privado en Caracas. Regresou a España, pero faleceu nos Estados Unidos logo dunha intervención cirúrxica. E autor de libros e artigos médicos.

  • "La lepra y el niño", en Semana de la Lepra, 1941 (1943) Caracas: Editorial Bolívar, 75-86.
  1. La Voz de Galicia, 10-12-1927, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]