Saltar ao contido

James Chadwick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJames Chadwick

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Bollington, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1974 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturasen valor Editar o valor en Wikidata
Master of Gonville and Caius College, Cambridge (en) Traducir
1948 – novembro de 1958 (xubilación)
← J. F. Cameron (en) TraducirNevill Francis Mott → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Cambridge (1919–)
Universidade de Manchester (1908–)
Gonville and Caius College (pt) Traducir
Victoria University of Manchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseErnest Rutherford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, neutrón, bomba atómica e Radiactividade Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncientífico nuclear, profesor universitario, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Manchester
Universidade de Liverpool
Victoria University of Manchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosMaurice Goldhaber (pt) Traducir, Ernest Pollard (pt) Traducir, Charles Drummond Ellis (pt) Traducir e Dai Chuanzeng (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoCharles Drummond Ellis (pt) Traducir, Maurice Goldhaber (pt) Traducir, Albert Crewe (pt) Traducir e Ernest Pollard (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAileen Stewart-Brown Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Чедвик Джеймс)
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 8 (en) Traducir, (p.659)
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.295) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 5198c8d3-1c37-4c33-94ca-7debea642bea WikiTree: Chadwick-1460 Find a Grave: 231356580 Editar o valor en Wikidata

Sir James Chadwick, nado o 20 de outubro de 1891 e finado o 24 de xullo de 1974, foi un físico inglés laureado co Premio Nobel de Física.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

James Chadwick naceu en Chesire, Inglaterra, o 20 de outubro de 1891, fillo de John Joseph Chadwick e Anne Mary Knowles. Foi á Manchester High School, e estudou na Universidade de Cambridge.

En 1913 Chadwick empezou a traballar con Hans Geiger no Technische Hochschule de Berlín (actual Universidade Técnica íde Berlín). Tamén traballou con Ernest Rutherford. Durante a primeira guerra mundial sería internado no campo de concentración de Zivilgefangenlager, en Ruhleben, Alemaña, acusado de espionaxe.

Investigación en Cambridge

[editar | editar a fonte]

Tras a guerra, Chadwick volveu a Cambridge, onde traballou con Ernest Rutherford investigando a emisión de raios gamma dos materiais radioactivos. Tamén estudaron a transmutación dos elementos ao bombardealos con partículas alfa e investigaron a natureza do núcleo atómico.

En 1932, Chadwick realizou un descubrimento fundamental no campo da ciencia nuclear: descubriu a partícula no núcleo do átomo que pasaría a chamarse neutrón, predición antes feita por Santiago Antúnez de Mayolo, pois non ten carga eléctrica. En contraste co núcleo de helio (partículas alfa) que está cargado positivamente e polo tanto son repelidas polas forzas eléctricas do núcleo dos átomos pesados, esta nova ferramenta para a desintegración atómica non necesitaba exceder ningunha barreira electrónica, e é capaz de penetrar e dividir o núcleo dos elementos máis pesados. Desta forma, Chadwick achandou o camiño cara á fisión do uranio 235 e cara á creación da bomba atómica. Como premio polo seu descubrimento outorgóuselle a Medalla Hughes da Royal Society en 1932 e o Premio Nobel de Física en 1935. Tamén descubriu o tritio.

Máis tarde descubriu que un científico alemán identificara ao neutrón ao mesmo tempo. Con todo, Hans Falkenhagen temía publicar os seus resultados. Cando Chadwick soubo do descubrimimento de Falkenhagen ofreceulle compartir o Premio Nobel. Falkenhagen, con todo, rexeitouno.

O descubrimento de Chadwick posibilitou a creación de elementos máis pesados que o uranio no laboratorio. O seu descubrimento inspirou a Enrico Fermi, físico italiano e tamén Premio Nobel, descubrir reaccións nucleares que se desencadeaban mediante o emprego de neutróns retardados, o que levou a Lise Meitner a descubrir a fisión nuclear, a clave da bomba atómica.

Liverpool

[editar | editar a fonte]

Chadwick foi profesor de física na Universidade de Liverpool desde 1935. Como resultado do "memorándum Frisch-Peierls" en 1940 sobre a factibilidad da bomba atómica foi incorporado ao Comité MAUD, que investigou a cuestión. Visitou Norte América como na Misión Tizard de 1940 para colaborar con estadounidenses e canadenses na investigación nuclear. Tras volver a Inglaterra en novembro de 1940, concluíu que nada sacaría das investigacións ata o final da guerra. En decembro de 1940, Franz Simon, encargado de MAUD, afirmou que era posible separar o isótopo do uranio 235. O informe de Simon incluía as estimacións de custos dunha gran planta de enriquecemento de uranio. Máis tarde, James Chadwick escribiría que "foi naquela época cando me dei conta de que a bomba atómica non só era posible, tamén inevitable. Entón empecei a tomar somníferos. Era o único remedio."

Pouco despois uniuse ao Proxecto Manhattan nos Estados Unidos, que desenvolveu a bomba atómica lanzada en Hiroshima e Nagasaki.Que foi o 9 de agosto de 1945. Chadwick foi ordenado "sir" en 1945. Desde 1946, foi asesor da Comisión da Enerxía Atómica das Nacións Unidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]