Saltar ao contido

Hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lance dun partido de hóckey sobre xeo.

O hóckey sobre xeo é un deporte que se xoga entre dous equipos de seis xogadores con patíns sobre unha pista de xeo. Os patinadores deben dirixir un disco de caucho (puck) cun bastón longo (stick), para tratar de anotar na portaría do rival. Ao termo dun partido, o equipo que máis goles marcou gana.

Esta variante do hóckey caracterízase por ser un deporte físico; os xogadores poden realizar cargas co corpo sobre o rival para tratar de arrebatarlle o control do puck, polo que os xogadores adoitan ir equipados con toda clase de proteccións. É tamén un dos xogos máis rápidos, debido a que a fricción do disco e os patíns sobre o xeo é mínima, e un dos poucos deportes que permiten realizar cambios de xogadores de forma ilimitada e sen necesidade de interromper o xogo.

Inventouse a finais do século XIX no Canadá, onde está considerado como o seu deporte nacional.[1] Ademais, tamén goza de bastante popularidade en Estados Unidos, Suecia, Finlandia, Europa Central e Rusia, e mesmo está considerado como a principal variante de hóckey en países do hemisferio norte con climas fríos. O seu principal órgano reitor a nivel internacional é a Federación Internacional de Hockey sobre Xeo.[2]

Aínda que as características xerais do xogo permanecen constantes, as normas exactas dependen do código de xogo particulares que se empreguen. Os dous códigos máis importantes no os da IIHF While the general characteristics of the game remain constant, the exact rules depend on the particular code of play being used. The two most important codes are those of the IIHF[3] e o da National Hockey League (NHL).[4]

O terreo de xogo

[editar | editar a fonte]

O hóckey sobre xeo xógase sobre unha pista que pode ser interior ou exterior, con xeo que pode ser natural ou artificial. Na maior parte dos encontros organizados no seo dunha competición, o xeo é artificial. Existen distintos tamaños de pista, mais a Federación Internacional de Hockey sobre Xeo (coñecida tamén polas súas siglas en inglés IIHF) define as dimensións regulamentarias: 60 metros de longo e entre os 26 e os 30 metros de ancho de acordo co regulamento da IIHF. As esquinas do terreo de xogo teñen que ser redondeadas co arco dun círculo de 7 a 8,5 metros.[5]

Todo o perímetro da pista ten que estar rodeado por un valo cuxa altura ideal está fixada en 1,07 metros sobre o xeo e integramente de cor branca agás a zona inferior, denominada en inglés “Kick Plate” (en galego "placa de protección"), que é de cor amarela.[5] Por riba do valo ten que haber unha pantalla protectora de metacrilato cunha altura de 2,4 m detrás das porterías e que se estende como mínimo 4 m dende a liña de gol cara á liña azul, mentres que ao longo do resto das bandas debe ter 1,8 m de altura, coa única excepción dos bancos, onde non hai pantalla protectora.[6] Ademais nos fondos colócase unha rede protectora pendurada do teito por riba da pantalla protectora que se estende canto menos ata onde a liña de gol.[6]

A catro metros de cada un dos fondos encóntrase a liña de gol, unha liña vermella de cinco centímetros de ancho que cruza a pista de lado a lado paralela aos fondos, mentres que diante de cada portería hai delimitada cunha liña vermella de cinco centímetros a área de portería, que se estende verticalmente ata a parte superior do traveseiro. Entre ambas liñas de gol a pista divídese con outras tres liñas, unha vermella de 30 centímetros que divide a pista pola metade, e dúas liñas azuis de igual grosor que delimitan a chamada "zona neutral".[7]

En fronte da mesa de anotadores delimítase mediante unha liña vermella de cinco centímetros un área semicircular de tres metros de radio a área de árbitros no xeo.[8]

A pista de hóckey sobre xeo. En vermello liña central e liñas de gol. En azul: liñas de ataque.
A pista de hóckey sobre xeo.
En vermello liña central e liñas de gol.
En azul: liñas de ataque.
  1. "Deportes no Canadá". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010. 
  2. "The IIHF". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2010. 
  3. International Ice Hockey Federation (September 2002). Official Rule Book 2002–2006 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o March 19, 2006. 
  4. National Hockey League (2006). Official Rules 2006–07 (PDF). Chicago: Triumph Books. ISBN 1-894801-03-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o March 3, 2009. 
  5. 5,0 5,1 IIHF Official Rule Book 2022-2023, p. 31
  6. 6,0 6,1 IIHF Official Rule Book 2022-2023, p. 32
  7. IIHF Official Rule Book 2022-2023, p. 33
  8. IIHF Official Rule Book 2022-2023, p. 34

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.