Saltar ao contido

Grizzly Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grizzly Man
Ficha técnica
DirectorWerner Herzog
ProdutorDiscovery Docs
Lions Gate Entertainment
GuiónWerner Herzog
IntérpretesTimothy Treadwell
Amie Huguenard
Werner Herzog (narración)
MúsicaRichard Thompson
FotografíaPeter Zeitlinger
MontaxeJoe Bini
Estrea2005
Duración103 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroDocumental
Na rede
http://grizzlyman.com/
IMDB: tt0427312 Filmaffinity: 245053 Allocine: 61482 Rottentomatoes: m/grizzly_man Mojo: grizzlyman Allmovie: v315163 TCM: 611827 Metacritic: movie/grizzly-man TV.com: movies/grizzly-man Netlix: 70024093 Editar o valor en Wikidata

Grizzly Man é un documental do director alemán Werner Herzog estreado no 2005. Relata a vida de Timothy Treadwell, un ecoloxista entusiasta dos osos que finalmente foi comesto por un deles mentres se encontraba coa súa compañeira Amie Huguenard, morta canda el, no 2003. O material principal da película son as gravacións que o propio Treadwell se realizou en compaña de osos no Parque e Reserva Nacional de Katmai, Alasca, onde filmou máis de 100 horas de película os seus tres últimos anos de vida. Intercaladas entre ditas gravacións van aparecendo entrevistas a coñecidos seus, así como os seus pais, que contan as súas lembranzas e botan opinións sobre a tarefa que Timothy fixo.