Golfo de Riga
Tipo | baía | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Riga | ||||
Parte de | Mar Báltico | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Báltico | ||||
Afluentes | Río Dviná Occidental ,Rio Gauja (pt) ,Lielupe (en) ,Häädemeeste River (en) ,Aģe (en) ,Rio Shkede (pt) ,Rannametsa River (en) ,Roja (en) ,Svētupe (en) ,Vitrupe (en) ,Lemmejõgi (en) | ||||
Conca hidrográfica | Baltic Sea basin (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 67 m | ||||
O Golfo de Riga (ou Baía de Riga, en letón Rīgas Jūras līcis, en estoniano Liivi Laht) é unha baía do mar Báltico situada entre Letonia e Estonia.
O Golfo de Riga ten unha área de 18 000 km cadrados. A súa máxima profundidade é de 54 m. A illa de Saaremaa, en Estonia, separa parcialmente o golfo do mar Báltico. A illa de Ruhnu, no medio do golfo, tamén pertence a Estonia. A conexión principal entre o golfo e o mar Báltico é o estreito de Irbe. O Golfo de Riga, como subconca do Báltico, tamén inclúe o mar de Väinameri no arquipélago occidental de Estonia.
Salientan algunhas cidades do golfo como Riga e Pärnu. Os ríos principais do golfo son o Daugava, o Lielupe, o Gauja e o Salaca.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Extensión
[editar | editar a fonte]A Organización Hidrográfica Internacional define o límite occidental do Golfo de Riga como "unha liña que corre desde Lyser Ort (57° 34'N), en Letonia, ata o extremo sur da Illa Œsel, a través desta illa ata Pammerort (22°34'E), desde alí ata punta Enmast, o extremo Sur de Dagö, a través de Dagö ata punta Takhkona, desde o extremo norte da mesma a punta Spithamn en Estonia".[1]
Inverno
[editar | editar a fonte]No inverno, a maior parte ou a totalidade da baía normalmente conxélase. Isto é debido á baixa salinidade e ao efecto calmante da pechadura parcial da entrada do golfo. Durante o inverno, moitas persoas percorren a baía. O xeo máis gordo rexistrado tivo 90 cm de espesor no inverno de 1941-42.[2] Hole de xeo A pesca no xeo foi unha fonte tradicional de comida invernal e segue a ser unha actividade común. O xeo xeralmente funde entre marzo e abril. A finais de marzo de 2013, cando o xeo comezou a derreterse, 200 persoas tiveron que ser rescatadas dos bloques de xeo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ https://www.theguardian.com/world/2013/mar/29/latvia-rescues-people-ice[Ligazón morta] -floes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Riga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Gulf of Riga Arquivado 12 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (Estonica)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |