Giacomo Casanova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giacomo Girolamo Casanova 2 de abril de 1725 Venecia (República de Venecia) |
Morte | 4 de xuño de 1798 (73 anos) Duchcov (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Lugar de sepultura | Duchcov (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Padua - In utroque iure (pt) (–1742) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional e diplomacia |
Ocupación | tradutor, diplomático, escritor, Aventureiro, novelista, bibliotecario, banqueiro, poeta, autobiógrafo |
Instrumento | Violín |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Leonilda Castelli, Cesarino Lanti |
Pais | Gaetano Casanova e Zanetta Farusi |
Irmáns | Francesco Casanova Giovanni Battista Casanova Faustina Maria Gaetano |
Premios | |
Descrito pola fonte | Georgian Soviet Encyclopedia (en) , (vol:5, p.316) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Casanova de Seingalt |
Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e finado o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.