Georges Simenon
(1965) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Georges Joseph Christian Simenon 13 de febreiro de 1903 Liexa (Bélxica) |
Morte | 4 de setembro de 1989 (86 anos) Lausana (Suíza) |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
← Marcel Achard – Jean Giono → | |
Datos persoais | |
Residencia | Marsilly (1932–1934) Épalinges (pt) Lakeville (pt) Place des Vosges (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | L'Ostrogoth (en) |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista, fotógrafo |
Período de actividade | 1919 - 1981 |
Membro de | |
Xénero artístico | Ficción detectivesca |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Régine Renchon Denyse Ouimet |
Fillos | Marc Simenon () Régine Renchon Marie-Jo Simenon, neno Pierre Simenon () |
Irmáns | Christian Simenon |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сименон Жорж) Den Store Danske Encyklopædi (pt) Obálky knih, |
|
Georges Joseph Christian Simenon, nado en Liexa o 13 de febreiro de 1903 e finado en Lausana o 4 de setembro de 1989, foi un escritor belga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa. En 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège. Logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922). Entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.
Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do Comisario Maigret; a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972. As novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes. Unha delas foi traducida ao galego, Maigret na escola.
Simenon tamén escribiu gran número de novelas psicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957).