George Orwell
Foto que aparece na acreditación de Orwell para a Branch of the National Union of Journalists (1933) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Eric Arthur Blair 25 de xuño de 1903 Motihari (Raj Británico) |
Morte | 21 de xaneiro de 1950 (46 anos) Londres, Reino Unido |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Church of All Saints cemetery (en) |
Residencia | Barnhill (en) (1946–1950) Londres París |
Grupo étnico | Pobo inglés |
Ideoloxía política | Socialismo, Socialismo democrático, anti-totalitarianism (en) e Esquerda anti-stalinista (pt) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Eton College (–1921) St Cyprian's School (en) (–1917) Wellington College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | escritor |
Período de actividade | 1935 - 1949 |
Partido político | Independent Labour Party (en) (1938–1940) |
Membro de | |
Xénero artístico | Literatura distópica (pt) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | George Orwell |
Carreira militar | |
Rama militar | Brigadas Internacionais |
Conflito | guerra civil española segunda guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Eileen O'Shaughnessy (1935–1945, falecida) Sonia Brownell (1949–1950) |
Fillos | Richard Blair () Eileen Blair |
Pais | Richard Walmesley Blair e Ida Mabel Limouzin |
Irmáns | Marjorie Frances Blair Avril Nora Blair |
Parentes | Ellen Kate Limouzin, tía |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Orwell, Georges, p.1003-1004) |
|
Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e 1984.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Eton College de Inglaterra grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en Suffolk para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, de 1922 a 1927, data en que volveu a Inglaterra.
Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en Londres. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro Down and Out in Paris and London (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. Burmese Days (1934), un feroz ataque contra o imperialismo, é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, A Clergyman's Daughter (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.
En 1937, durante a Guerra civil española, Orwell loitou na fronte de Aragón coa 29ª División, formada pola milicia do POUM trotskista. Durante a ofensiva de Huesca recibiu un balazo na gorxa, o que o obrigou a retirarse da guerra. Despois pasa seis meses en Marrocos para recuperarse da ferida. O autor describe a súa experiencia bélica en Homage to Catalonia (1938), un dos relatos máis conmovedores escritos sobre esta guerra e no que se fai responsable ó Partido Comunista de España (PCE) e á Unión Soviética da destrución do anarquismo español que supuxo o triunfo das tropas de Franco. The Road to Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica desgarradora sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra.
A súa condena da sociedade totalitaria queda brillantemente plasmada nunha enxeñosa fábula de carácter alegórico, Rebelión na granxa (1945), baseada na traizón de Stalin á Revolución Rusa, así como na novela satírica 1984 (1948). Esta última ofrece unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán".
Cabe citar entre outros escritos, a novela Keep the Aspidistra Flying (1936) e Shooting an Elephant (editado en 1950 xunto con outros ensaios), ambas consideradas modelos da prosa descritiva, e unha recompilación de ensaios editada en 1953, como un recordo dos seus difíciles anos de estudante. En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas.
Orwell morreu de tuberculose en xaneiro de 1950.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Unicamente Animal Farm está traducido ó galego por Antón López Dobao. Foi publicada por Edicións Positivas en 1992 como A revolta dos animais. Unha historia fantástica.
Libros
[editar | editar a fonte]- Down and Out in Paris and London (Sen un can en París e Londres, 1933) texto en inglés
- Burmese Days (Días en Birmania, 1934) texto en inglés
- A Clergyman's Daughter (A filla do reverendo, 1935) texto en inglés
- Keep the Aspidistra Flying (Que voe a Aspidistra, 1936) texto en inglés
- The Road to Wigan Pier (O camiño a Wigan Pier, 1937) texto en inglés
- Homage to Catalonia (Homenaxe a Cataluña 1938) texto en inglés
- Coming Up for Air (Collendo aire, 1939) texto en inglés
- Animal Farm (A revolta dos animais. Unha historia fantástica, 1945) texto en inglés
- Nineteen Eighty-Four (1984, 1949) texto en inglés
Ensaios
[editar | editar a fonte]- A Nice Cup of Tea (1946) texto en inglés
- A Hanging (1931) texto en inglés
- Shooting an Elephant (Disparando ó elefante, 1936) texto en inglés
- Charles Dickens (1939) texto en inglés
- Boys' Weeklies (1940) texto en inglés
- Inside the Whale (Dentro da balea, 1940) texto en inglés
- The Lion and The Unicorn: Socialism and the English Genius (1941) texto en inglés
- Wells, Hitler and the World State (1941) texto en inglés
- The Art of Donald McGill (1941) texto en inglés
- Looking Back on the Spanish War (1943) texto en inglés
- W. B. Yeats (1943) texto en inglés
- Benefit of Clergy: Some notes on Salvador Dali (1944) texto en inglés
- Arthur Koestler (1944) texto en inglés
- Notes on Nationalism (1945) texto en inglés
- How the Poor Die (1946) texto en inglés
- Politics vs. Literature: An Examination of Gulliver's Travels (1946) texto en inglés
- Politics and the English Language (1946) texto en inglés
- Second Thoughts on James Burnham (1946) texto en inglés
- Decline of the English Murder (1946) texto en inglés
- Some Thoughts on the Common Toad (1946) texto en inglés
- A Good Word for the Vicar of Bray (1946) texto en inglés
- In Defence of P. G. Wodehouse (1946) texto en inglés
- Why I Write (1946) texto en inglés
- The Prevention of Literature (1946) texto en inglés
- Such, Such Were the Joys (1946) texto en inglés
- Lear, Tolstoy and the Fool (1947) texto en inglés
- Reflections on Gandhi (1949) texto en inglés
- Bookshop Memories (1936) texto en inglés
- The Moon Under Water (1946)
Poemas
[editar | editar a fonte]- "Romance" (1925) texto en inglés
- "A Little Poem" (1936) texto en inglés
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: George Orwell |