Galicia no cine
Aparencia
Galicia no cine | |
---|---|
Desenvolvido por | Miguel Anxo Fernández |
Presentado por | Miguel Anxo Fernández |
Día(s) de emisión | Venres ata o 14 de maio de 1986, logo os mércores. |
Horario de emisión | 22:35 |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 31 de xaneiro de 1986 |
Nº de temporadas | 1 |
Na rede
| |
http://25anos.crtvg.es/tvg25/programa/30 |
Galicia no cine foi un programa semanal da Televisión de Galicia emitido en 1986 dedicado ao cine feito en Galicia ou de temática galega, dirixido e presentado por Miguel Anxo Fernández Fernández.
Contido
[editar | editar a fonte]Cada programa xiraba arredor dunha película, en primeiro lugar emitíase unha entrevista a un personaxe relacionado co filme e logo procedíase á súa emisión. Entre as fitas que pasaron polo programa están Botón de áncora, que foi a primeira en ser emitida, A casa da Troia, Sabela de Cambados, A esmorga, Os gozos e as sombras, Intriga ou A casa da choiva.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Con «Botón de áncora» comienza en TVG el ciclo «Galicia no cine»". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 1986. p. 62.