Fred Astaire
Frederick Austerlitz,[1] nado en Omaha (Nebrasca) o 10 de maio de 1899 e finado nos Ánxeles (California) o 22 de xuño de 1987, foi un bailarín e actor estadounidense, máis coñecido co nome de Fred Astaire.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun emigrante austríaco, comezou a empregar o nome Astaire, coa súa irmá Adele, cando actuaba nun vodevil cando tiña cinco anos. A partir de 1917 el e a súa irmá apareceron en shows de Broadway, facéndose populares ata que en 1932 a súa irmá casa con Charles Cavendish, fillo do duque de Devonshire. Fred marcha a Hollywood, en 1933 actúa na película Flying Down to Rio (Voando a Río), con Ginger Rogers que tivo un grande éxito e fixo que actuasen xuntos noutras nove películas, converténdose nunha das parellas máis famosas do cine. Formou tamén parella cinematográfica con Eleanor Powell, Rita Hayworth, Judy Garland, Cyd Charisse e Audrey Hepburn. Retirouse en 1971, aínda que seguiu aparecendo esporadicamente en películas e series de televisión.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Dancing Lady (1933)
- Flying Down to Rio (1933)
- The Gay Divorcee (1934)
- Roberta (1935)
- Top Hat (1935)
- Follow the Fleet (1936)
- Swing Time (1936)
- Shall We Dance (1937)
- A Damsel in Distress (1937)
- Carefree (1938)
- The Story of Vernon and Irene Castle (1939)
- Broadway Melody of 1940 (1940)
- Second Chorus (1940)
- You'll Never Get Rich (1941)
- Holiday Inn (1942)
- You Were Never Lovelier (1942)
- The Sky's the Limit (1943)
- Yolanda and the Thief (1945)
- Ziegfeld Follies (1946)
- Blue Skies (1946)
- Easter Parade (1948)
- The Barkleys of Broadway (1949)
- Three Little Words (1950)
- Let's Dance (1950)
- Royal Wedding (1951)
- The Belle of New York (1952)
- The Band Wagon (1953)
- Daddy Long Legs (1955)
- Funny Face (1957)
- Silk Stockings (1957)
- On the Beach (1959)
- The Pleasure of His Company (1961)
- The Notorious Landlady (1962)
- Paris - When it Sizzles (1964)
- Finian's Rainbow (1968)
- Midas Run (1969)
- Imagine (1973; documental)
- That's Entertainment! (1974)
- The Towering Inferno (1974)
- That's Entertainment, Part II (1976)
- The Amazing Dobermans (1976)
- The Purple Taxi (1977)
- Ghost Story (1981)
- George Stevens: A Filmmaker's Journey (1985; documental)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billman, Larry (1997). Fred Astaire: A Bio-bibliography. Connecticut: Greenwood Press. ISBN 0-313-29010-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Astaire |