Saltar ao contido

François-René de Chateaubriand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois-René de Chateaubriand

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) François-Auguste-René de Chateaubriand Editar o valor en Wikidata
4 de setembro de 1768 Editar o valor en Wikidata
Saint-Malo (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xullo de 1848 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturatomb of Chateaubriand (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ministro de Relacións Exteriores de Francia
28 de decembro de 1822 – 14 de agosto de 1824
← Mathieu de Montmorency-Laval (pt) TraducirAnge Hyacinthe Maxence de Damas (pt) Traducir →
Par de Francia
1815 – 1830
Minister of State (en) Traducir
1815 – 1816
12º Cadeira 19 da Academia Francesa (pt) Traducir
20 de febreiro de 1811 – 4 de xullo de 1848
← Marie-Joseph Chénier (pt) TraducirPaul de Noailles (pt) Traducir →
Ambassador of France to the United Kingdom (en) Traducir
Embaixador de Francia na Santa Sé
Ambassador of France to Sweden (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, xornalista, ensaísta, militar, biógrafo, novelista, historiador, poeta, político, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1797 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoUltrarrealista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, memorias e autobiografía Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloVizconde Editar o valor en Wikidata
FamiliaChateaubriant family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCéleste de Chateaubriand (1792–) Editar o valor en Wikidata
ParellaHortense Allart Editar o valor en Wikidata
PaisRené-Auguste de Chateaubriand Editar o valor en Wikidata  e Apolline Jeanne Suzanne de Bédée Editar o valor en Wikidata
IrmánsLucile de Chateaubriand
Jean Baptiste Auguste de Chateaubriand Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX837764 Musicbrainz: 7f23ea3f-1784-4ea7-beba-afbef095a629 Discogs: 826553 IMSLP: Category:Chateaubriand,_François-René_de WikiTree: De_Chateaubriand-4 Find a Grave: 8099 Editar o valor en Wikidata
François-René de Chateaubriand.

François-René, vizconde de Chateaubriand, nado en Saint-Malo, na Bretaña, o 4 de setembro de 1768 e finado en París o 4 de xullo de 1848, foi un diplomático, político e escritor francés considerado o creador do romanticismo na literatura francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Saint-Malo, creceu no castelo que a súa familia posuía en Combourg, nas proximidades dese porto bretón. En 1786 ingresou no exército e coñeceu a Lois XVI e a pompa de Versalles. Xa en 1789, ano do estalido da Revolución, Chateaubriand empezara a escribir e moveuse polos círculos literarios parisienses.

A conflitiva situación levoulle a observar con atención os acontecementos que se sucedían, e a ir anotando os debates que se producían na Asemblea Nacional. Mostrouse partidario da monarquía constitucional e absolutamente contrario ao proceso revolucionario, aínda antes de que membros da súa propia familia -da vella aristocracia bretoa- fosen executados e el mesmo perseguido. En 1791, fuxindo da Revolución, visitou os Estados Unidos, onde permaneceu só uns meses; pero esa breve estancia inspiroulle as súas novelas exóticas Les Nátchez (escrita en 1800 pero publicada en 1826), Atala (1801) e René (1802). Describiu de forma viva e realista a natureza do profundo sur americano.

Regresou a Francia, cando soubo da decapitación de Lois XVI, para enrolarse no exército realista, L'Armée des Emigrés, sendo ferido en Thionville. Restablecido, Chateaubriand viuse forzado a exiliarse en Londres, pola derrota en 1792 do seu exército. Alí permanecería sete anos, durante o Reinado do Terror, o que inspirou o seu primeiro traballo, Essai historique sur les Révolutions (1797). Alcanzou gran fama entre os emigrados franceses e gañouse a vida entre os ingresos das súas publicacións e as clases de francés.

En 1802 adquiriu fama co Xenio do Cristianismo (Le Génie du Christianisme), unha apoloxía da fe cristiá avivada polo renacemento relixioso ocorrido en Francia logo da revolución. Converteuse nun admirador de Napoleón, con quen tivo ocasión de falar de política exterior e das campañas militares, sobre todo da levada a cabo en Exipto. Neste tempo, a restauración do estado confesional coa firma do Concordato coa Santa Sé, en 1801, deulle pé a crer que, dalgunha forma, restaurábase a orde anterior á Revolución.

Foi designado secretario da delegación en Roma por Napoléon e despois ministro de Francia en Le Valais, aínda que non aceptou finalmente o cargo logo da execución do duque de Enghien en 1804. Separado do poder, dedicouse a viaxar, por Francia primeiro e, despois, nun longo periplo que o levou a coñecer Grecia, Xerusalén, o norte de África e España. Volveu á súa terra máis convencido que nunca da súa condena á tiranía, nun xiro que o levou desde o realismo máis trasnoitado cara a posicións próximas ao liberalismo. Un artigo seu en Le Mercure de France contra Napoleón provocou as iras deste. A súa situación obrigoulle a refuxiarse en Valei-aux-Loups, onde escribiu as crónicas das súas viaxes en Itinéraire de Paris à Jérusalem en 1811. Ese mesmo ano foi elixido membro da Academia Francesa, onde realizou un discurso en favor da liberdade que volveu a enfurecer a Napoleón. Pero iso non lle impediu, en 1814, volver lanzar os seus dardos na súa obra De Bonaparte et des Bourbons.

Logo da caída do Imperio, Chateaubriand regresou á actividade política e as súas opinións liberais proporcionáronlle múltiples inimigos. No goberno dos Cen Días foi Ministro de Estado e converteuse en par de Francia. Ao regreso de Napoleón desde Elba, Chateaubriand pediu a Lois XVIII que permanecese no trono enfrontándose a Napoleón, pero aquel fuxiu a Gante e, con el, Chateaubriand.

Durante o reinado de Lois XVIII serviu como embaixador en Berlín (1821) e Londres (1822) (época durante a cal o seu cociñeiro inventou a preparación do filete que leva o seu nome), chegando ata a exercer o cargo de Ministro de Asuntos Exteriores (28 de decembro de 1822 ao 4 de agosto de 1824). Do liberalismo pasara de novo a ser un conservador confeso. Non lle aforrou críticas tampouco ao monarca coa publicación de De la Monarchie selon la charte. No entanto, foi designado en 1822 para representar ao país no Congreso de Verona. Influíu decisivamente para que a Santa Alianza xogase a baza do restablecemento do absolutismo en España tras o Trienio liberal, forzando ao Primeiro Ministro, Joseph de Villèle, a enviar a Louis Antoine de Borbón, duque de Angulema a España na denominada expedición dos Cen Mil Fillos de San Luís, aínda en contra das posicións de Inglaterra.

Carlos X nomeouno embaixador en Roma en 1828 pero renunciou, ao ser designado Jules Polignac como Primeiro Ministro.

En 1830 negouse a xurar lealdade a Luís Filipe o que significou a fin da súa vida política. Retirouse para escribir as súas Memorias de ultratumba (Mémoires d'outre-tombe), publicadas a título póstumo entre 1848 e 1850), obra que se considera o seu traballo máis elaborado e que redactou ao longo de corenta anos. Morreu en París durante a revolución de 1848.

Como pedira expresamente no seu testamento, foi enterrado na illa de Grand-Bé, un lugar ao que só pode accederse a pé desde Saint-Malo cando baixa a marea.

Relación con Galiza

[editar | editar a fonte]

Chateaubriand menciona dúas veces Galiza na súa obra para relatar o mesmo episodio. A primeira é nas Mémoires de ma vie, redactadas antes de 1826 e publicadas en 1874, cando relata que o seu pai foi atacado por ladróns en Galiza[1]. A segunda é cando relata o mesmo feito na versión definitiva da súa autobiografía, titulada Mémoires d'outre-tombe, que revisa eses primeiros capítulos a partir de 1930 e que foi publicada postumamente a partir de 1848. Nela di que ao seu pai os ladróns o atacaron e o desvalixaron nas Galizas[2].

O escritor galego Ramón Otero Pedrayo tiña a Chateaubriand como unha das súas máximas referencias, e sobre el escribiu o artigo "O celtismo de Chateaubriand".[3] De feito, mandou que o soterrasen cun exemplar das Mémoires d'outre-tombe[4].

Itinéraire de Paris à Jérusalem et de Jérusalem à Paris, 1821
  1. Chateaubriand, Mémoires de ma vie: Manuscrit de 1826, J.M. Gautier (ed.), Xenebra: Librairie Droz, 1976, p. 28: [il] fut attaqué par des voleurs dans la Galice
  2. Chateaubriand, Mémoires d'outre-tombe, versión electrónica, libro 1, capítulo 1: Naufragé sur les côtes de l'Espagne des voleurs l'attaquèrent et le dépouillèrent dans les Galices
  3. Otero Pedrayo, Ramón (1952). "O celtismo de Chateaubriand". Aspectos económicos y jurídicos de Galicia. Grial 4. Galaxia. pp. 113–123. 
  4. Patterson, Craig (2006). Galician Cultural Identity in the Works of Ramón Otero Pedrayo. Lampeter: Edwin Mellen Press. p. 24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]