Fernando Meleiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Ribadavia, España |
Morte | 8 de xullo de 1963 (63/64 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
César Fernando Meleiro Fernández, nado en Ribadavia en 1899 e finado en Ourense o 8 de xullo de 1963, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do rexistrador Darío Meleiro Tejada e de Eugenia Fernández Román. Estudou o bacharelato no Colexio dos Escolapios de Celanova.[1] Licenciado en Dereito. Presidiu a Sociedad Cultural Curros Enríquez de Celanova en 1927.[2] Colaborou en Galicia. Abriu bufete en Ourense en 1934. Fundador e xefe provincial de Falange de Ourense dende 1934, despois foi conselleiro nacional e xefe territorial de Falange de Galicia.[3] Fuxiu a Portugal para evitar a detención polas redadas ordenadas polo goberno contra Falange. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi combatente. Foi nomeado xefe provincial de Falange de Ourense a finais de 1936.[4] Delegado provincial de Justicia y Derecho a principios dos anos corenta,[5] foi concelleiro, primeiro tenente-alcalde de Ourense e deputado provincial, ademais de inspector provincial de Falange.[6] Nomeárono delegado provincial do Ministerio de Vivenda en Ourense en 1957.[7] Finou en Ourense o 8 de xullo de 1963.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]- Anecdotario de la Falange de Orense, 1957.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Cruz de Cabaleiro da Orde de Cisneros en 1952.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ourense con Elena Muñiz Guerra, filla de Olegario Muñiz Álvarez, en 1938.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticiero de Vigo, 29-7-1913, p. 1.
- ↑ Vida Gallega, 10-1-1927, p. 24.
- ↑ Alborada, 25-12-1935, p. 6.
- ↑ El Ideal Gallego, 5-1-1937, p. 2.
- ↑ La Región, 25-1-1940, p. 3.
- ↑ La Región, 7-6-1950, p. 3.
- ↑ La Región, 23-11-1957, p. 6.
- ↑ Necrolóxicas en La Región, 8-7-1963, p. 9, 10 e 14.
- ↑ La Región, 30-10-1952, p. 4.
- ↑ La Región, 31-5-1938, p. 4.