Fermín Bouza Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1946 Santiago de Compostela, España |
Morte | 29 de outubro de 2016 (70 anos) Madrid, España |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Filosofía e Psicoloxía |
Educación | Universidade de Valencia Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Madrid - doutoramento |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo, escritor, profesor universitario, poeta |
Empregador | Universidade Autónoma de Madrid Universidade Complutense de Madrid |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Pena López [1] |
Fillos | Fermín Bouza Pena (1983) [1] |
Pai | Fermín Bouza-Brey |
Premios | |
Fermín Bouza Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1946 e finado en Madrid o 29 de outubro de 2016, foi un sociólogo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do intelectual Fermín Bouza-Brey. Licenciado en Filosofía e en Psicoloxía. En xaneiro de 1969 foise a vivir a Madrid. Foi catedrático de Socioloxía, especializado en Opinión Pública, que exerceu na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.
Fóra do ámbito universitario, mantiña un blog en lingua castelá no que adoito comentaba a situación política tanto galega como española, facendo fincapé nos temas de lingua e mantendo posturas marcadamente galeguistas.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- O tempo na auga, 1985, Xerais.
- Labirinto de inverno, 1990, Sotelo Blanco.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Comercial. Poesía galega en Madrid, 1998, Edicións Río Xuvia.
- A poesia é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia/Editorial Danú. Edición bilingüe galego-inglés.
- 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
- Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid, 2012, Amargord.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Las bodas secretas de Lilia, Editorial Debate.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 78. ISBN 84-8064-113-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fermín Bouza Álvarez |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Bouza Álvarez, Fermín". Diccionario enciclopédico galego universal 10. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 66. ISBN 84-7680-429-6.
- "Bouza Álvarez, Fermín". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 129.
- "Bouza Álvarez, Fermín". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 348.
- Araguas, V. (2005). "Bouza Álvarez, Fermín". Gran Enciclopedia Galega (DVD). ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 87. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bitácora de Fermín Bouza (en castelán)
- Análise da situación lingüística en Galiza, nova e vídeo no diario dixital Vieiros.