Ernesto Doural Campos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Vigo, España |
Morte | 9 de decembro de 1996 (91/92 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Ernesto Doural Campos, nado en Vigo en 1904 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1996, foi un loitador antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Transportista de peixe. Militante do PCE dende 1931. Chegou a Madrid o mesmo día que se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Combateu no exército republicano como tanquista e alcanzou o grao de capitán. Coa fin da guerra foi detido, estivo preso na prisión do partido de Cieza,[1] e permaneceu na cadea até 1943. Posto en liberdade, volveu a Vigo e foi secretario de organización do Comité Rexional de Galicia do PCE. Foi detido de novo en Vigo en 1944 e condenado a 12 anos de cadea. Finou en Vigo o 9 de decembro de 1996.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Expediente personal del preso: Doural Campos, Ernesto". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 27 de febreiro de 2021.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-12-1996, p. 78.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945). Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza. pp. 861–862. ISBN 978-84-17873-70-7.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. pp. 170–171. ISBN 84-7507-320-4.