Ernest Borgnine
Ermes Effron Borgnino, nado en Hamden (Connecticut) o 24 de xaneiro de 1917 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 2012, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes italianos, uniuse ao exército dos Estados Unidos en 1935, tras rematar o instituto. Deixouno en 1941 pero realistouse tras o ataque a Pearl Harbor, servindo nel ata 1945. Tras acabar a segunda guerra mundial decidiu estudar interpretación, comezando a súa carreira teatral en 1947. O seu primeiro gran papel no cinema foi en De aquí á eternidade, en 1953. Dous anos despois, gañou o oscar ao mellor actor por Marty.
Tivo tamén unha longa carreira na televisón, en series coma McHale’s Navy ou Airwolf. Puxo voz a Mermaid Man na serie de animación SpongeBob SquarePants. Seguiu actuando ata pouco tempo antes da súa morte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1953 | De aquí á eternidade |
1954 | Johnny Guitar |
1954 | Demetrius and the Gladiators |
1954 | Vera Cruz |
1955 | Bad Day at Black Rock |
1955 | Marty |
1955 | The Last Command |
1956 | Jubal |
1956 | The Best Things in Life Are Free |
1958 | The Vikings |
1958 | Torpedo Run |
1961 | Barrabás |
1965 | The Flight of the Phoenix |
1966 | The Oscar |
1967 | The Dirty Dozen |
1968 | Ice Station Zebra |
1969 | Grupo salvaxe |
1971 | Bunny O’Hare |
1972 | A aventura do Poseidón |
1979 | The Black Hole |
1980 | When Time Ran Out |
1981 | 1997: Rescate en Nova York |
1997 | Gattaca |
1998 | BASEketball |
2002 | 11'09"01 September 11 |
2006 | Blueberry, a experiencia secreta |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernest Borgnine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ernest Borgnine na IMDb (en inglés).