Emilio Antón Miranda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Ferrol, España |
Morte | 16 de abril de 2016 (94/95 anos) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro militar |
Familia | |
Irmáns | José Luis Antón |
Emilio Antón Miranda, nado en Ferrol o 16 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 16 de abril de 2016, foi un militar, enxeñeiro e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha importante familia ferrolá: seu pai Matías Cristóbal Antón, consignatario de buques, ocupou cargos importantes na sociedade ferrolá e presidiu a Cámara de Comercio local durante case catro décadas, antes e despois da Guerra. Tamén seu avó[1], Emilio Antón Iboleón fora alcalde de Ferrol en tres ocasións nas primeiras décadas do século XX, e o seu outro avó, Augusto Miranda Godoy fora militar e ministro da Mariña en cinco ocasións entre 1913 e 1919.
Xusto ao remate da Guerra, en 1940, ingresou na Escola Naval Militar de San Fernando (San Fernando) e continou a carreira na Mariña a partir de 1943 na Escola Naval Militar de Marín. Nesa etapa de formación sufriu un accidente onde pereceron dous compañeiros del e el foi o único que se salvou[1]. Vinculado á formación militar, ascendeu a alférez de navío en 1944 e posteriormemnte a tenente de navío. Cursou enxeñaría de armas navais na Armada en Madrid, e ao rematala ascendeu primeiro a comandante, en 1954, e anos máis tarde a tenente coronel, en 1963.
En 1952 entrou ao servizo persoal como asistente do tamén ferrolán Juan Antonio Suanzes, daquela xeneral inspector de enxeñeiros navais, e que acababa de ser destituído como ministro de Industria e Comercio, pero que continuara co posto de director xeral do INI. Do posto de asistente pasou, como enxeñeiro, a traballar na petroquímica daquela coñecida como Empresa Nacional Calvo Sotelo, que acabaría sendo Repsol, e onde dirixiu a instalación da planta de Puertollano. Xubilouse precisamente na planta petroquímica de Puertollano logo de desempeñar distintos postos directivos ao longo de dúas décadas[1].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1947 con Carmen Suanzes (filla de Juan Antonio Suanzes) e tiveron dez fillos[1]. Un dos seus irmáns foi o escritor José Luis Antón.