Eduardo Galeano
Eduardo Hughes Galeano, nado en Montevideo o 3 de setembro de 1940 e finado na mesma cidade o 13 de abril de 2015, foi un xornalista e escritor uruguaio, un dos persoeiros máis destacados da literatura iberoamericana.
Os seus libros foron traducidos a varios idiomas. Os seus traballos transcenden xéneros ortodoxos, combinando documental, ficción, xornalismo, análise política e historia. Galeano nega ser un historiador: "Soy un escritor que quisiera contribuir al rescate de la memoria secuestrada de toda América, pero sobre todo de América Latina, tierra despreciada y entrañable". Clasifícase como un xornalista que estuda a globalización e os seus efectos negativos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia católica de clase media con devanceiros galeses, alemáns, españois e italianos. Durante a súa adolescencia transitou por diversos traballos: foi mecánico de coches, recaudador, pintor de carteis, mensaxeiro, mecanógrafo e caixeiro. Con 14 anos vendeu a súa primeira caricatura política a El Sol, o semanario do Partido Socialista.
Comezou a súa carreira como xornalista a principios dos anos 60 como editor de Marcha (1960-64), un semanario que, baixo a dirección de Carlos Quijano, exerceu forte influencia no pensamento uruguaio da época, e que contou con contribucións de autores como Mario Vargas Llosa, Mario Benedetti, Manuel Maldonado Denis ou Roberto Fernández Retamar. Durante dous anos editou o diario Época e traballou como editor xefe na prensa universitaria.
En 1973 o golpe militar tomou o poder e, debido ó seu involucramento con correntes marxistas (MLN-T), Galeano foi capturado e logo forzado a escapar. Estableceuse na Arxentina, onde fundou a revista cultural Crisis.
En 1976, cando o réxime de Jorge Rafael Videla tomou o poder na Arxentina mediante un golpe militar que deu orixe a unha ditadura, o seu nome foi agregado á lista de condenados polos escuadróns da morte, razón pola que se viu obrigado a fuxir novamente, esta vez a España, onde escribiu a súa famosa triloxía Memoria del fuego.
Reside desde 1985 -tras finalizar a ditadura uruguaia- no seu Montevideo natal, onde segue facendo a súa literatura e o seu xornalismo de marcada tinguidura política.
Obras
[editar | editar a fonte]Las venas abiertas de América Latina (1971) é a súa obra máis coñecida, un acta de acusación da explotación de Latinoamérica por poderes estranxeiros a partir do século XV. A súa extensa bibliografía e minuciosa investigación permitiu ó autor plasmar cruamente a problemática sociolóxica, económica e política de América Latina.
Memoria del fuego, obra amplamente aclamada pola crítica, é un relato da historia de América dividido en tres tomos. Os seus personaxes son figuras históricas, xenerais, artistas, revolucionarios, obreiros, conquistadores e conquistados, que son presentados en episodios breves que reflicten á súa vez a historia colonial do continente. Comeza cos mitos de creación pre-colombinos e culmina na década de 1980.
Foi galardonado co Premio Casa de las Américas en dúas ocasións: en 1975 pola novela La canción de nosotros, e en 1978 por Días y noches de amor y de guerra, de xénero testemuñal.
Galeano foi comparado con John Dos Passos e Gabriel García Márquez[Cómpre referencia].
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- A banda venezolana de punk crust "Los Dólares" publicou en 2003 un álbum que é unha interpretación musical do libro Las venas abiertas de América Latina.
- A banda arxentina de rock/ska Los Fabulosos Cadillacs ten un álbum titulado "Rey Azúcar", que é o título dun dos capítulos de Las venas abiertas..., libro que tamén dá nome a unha das cancións.
- No 2004 a banda mallorquina La Gran Orquesta Republicana publicou o disco Abrazos", no que inclúen textos de Eduardo Galeano, como "La noche", "El miedo global" ou "La pequeña muerte".
- A banda arxentina Shaila inclúe un anaco de Las venas abiertas... no tema "Sudamérica II - El Fracaso Regional", do seu disco Camino a Idilia. Non é a primeira vez que Shaila se identifica con Galeano, xa que tamén se alude a el nos temas "Utopía", do disco El Engaño, e en "La historia somnolienta de América Latina", do disco Mañanas.
- No 2008 Gerardo Pablo, un trobador contemporáneo mexicano, lanzou o disco Los Numerosos Nadies, baseado nos textos de Galeano, usando algúns deles directamente sobre as súas cancións, como a que dá título ó álbum, "Los numerosos nadies" que inclúe o texto "Los nadies" do Libro de los Abrazos.
- O grupo uruguaio Cuarteto de Nos fai unha referencia despectiva de Las venas abiertas de América Latina en "No somos Latinos", canción do disco Cortamambo.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Los días siguientes (1963)
- China (1964)
- Guatemala (1967)
- Reportajes (1967)
- Los fantasmas del día del léon y otros relatos (1967)
- Su majestad el fútbol (1968)
- ¡Manos arriba!
- Las venas abiertas de América Latina (1971)
- Siete imágenes de Bolivia (1971)
- Violencía y enajenación (1971)
- Crónicas latinoamericanas (1972)
- Vagamundo (1973)
- La canción de nosotros (1975)
- Conversaciones con Raimón (1977)
- Días y noches de amor y de guerra (1978)
- La piedra arde (1980)
- Voces de nuestro tiempo (1981)
- Memoria del fuego (1982-1986)
- Aventuras de los jóvenes dioses (1984)
- Ventana sobre Sandino (1985)
- Contraseña (1985)
- La encrucijada de la biodiversidad colombaina (1986)
- El descubrimiento de América que todavía no fue y otros escritos (1986)
- El tigre azul y otros artículos (1988)
- Entrevistas y artículos (1962-1987) (1988)
- El libro de los abrazos (1989)
- Nosotros decimos no (1989)
- América Latina para entenderte mejor (1990)
- Palabras: antología personal (1990)
- Ser como ellos y otros artículos (1992)
- Amares (1993)
- Las palabras andantes (1993)
- Úselo y tírelo (1994)
- El fútbol a sol y sombra (1995)
- Patas arriba: Escuela del mundo al revés (1998)
- Bocas del Tiempo (2004)
- Carta ao señor futuro (2007)
- Espejos. Una historia casi universal (2008)
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Eduardo Galeano |