Eduardo Gómez Requejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Sarria, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político |
Eduardo Gómez Rodríguez Requejo, coñecido como Eduardo Gómez Requejo, nado en Sarria, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local da Falange de Sarria o 24 de xullo. Foi xulgado xunto a Mario González Zaera por traizón na causa 1176/36. En 1938 foi novamente xulgado con González Zahera e Luis López López, ex xefe local de Falange de Paradela, na causa 1/38, acusados de actividade conspiradora contra Franco, co obxectivo de minar a autoridade deste e atentar contra a súa persoa para conseguir a hexemonía de Hedilla; foron condenados a morte, pero as sentenzas foron conmutadas polas de reclusión a perpetuidade. Tamén acusado de homicidio por imprudencia e lesións, foi xulgado na Audiencia de Lugo o 20 de maio de 1937.[1] Considerado como indutor do asasinato de Manuel Saco Rivera o 28 de agosto de 1938, foi detido xunto con Manuel Díaz López "Chaquetón" e Manuel Castro Castro "Eirexalba" e ingresou no cárcere de Lugo.[2] Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[3] En outubro de 1941 un novo decreto de Franco ordenaba remitirlle as penas.[4] Traballou na Organización Sindical como oficial do Corpo Técnico Administrativo destinado no Sindicato Nacional da Construción, Vidro e Cerámica, e xubilouse en 1966.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 21-5-1937, p. 9.
- ↑ Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.
- ↑ BOE, 15-10-1941, p. 7986.
- ↑ "Boletín de la Organización Sindical, 964, 31-10-1967, p. 322." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21-06-2020. Consultado o 17-06-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Cobiza de lobos. A falange en Lugo" María Jesús Souto Blanco in I Congreso da Memoria. A represión franquista en Galicia.