Eduardo Gómez Luaces
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1904 Ferrol, España |
Morte | 3 de xuño de 1975 (70 anos) Regla, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | historiador, xornalista |
Eduardo Gómez Luaces, nado en Ferrol o 17 de xuño de 1904 e finado en Regla o 3 de xuño de 1975, foi un historiador e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a Cuba coa súa familia sendo neno. Realizou estudos nas Escolas Pías de Guanabacoa. En 1921 retornou a Galicia, pero ao cabo de poucos anos volveu a Cuba. En 1938 graduouse de Bacharel en Ciencias e Letras e iniciou estudos de Medicina, aínda que non chegou a graduarse. Estableceuse en Regla onde foi administrador de El Clamor Popular (1943) e director de El Observador (1943-1946) e de Regla Nro. 6 (1949). En 1959 foi director técnico da revista Viajeros. Foi Historiados oficial de Regla e secretario da Sociedade Cubana de Historia da Medicina.
Obras
[editar | editar a fonte]- Historia de Nuestra Señora de Regla. Sus fiestas. Los cabildos, 1945.
- Un siglo de periodismo en Regla (1852-1949).
- Regla: Su aporte a la medicina cubana en el siglo XIX, 1973.
- Regla y sus hombres del 68, 1973.
- 400 años de historia de Regla (1573-1973)
- Liceo Artístico y Literario de Regla, 1979.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. p. 83. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 8 de marzo de 2014.