Década de 1700
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XVII | |||||
| |||||
|
1700
- Artigo principal: 1700.
- 12 de febreiro - Comenza a Gran Guerra do Norte, onde Suecia luta contra o Imperio Ruso, Dinamarca-Noruega e aSaxonia-Polonia.
- 27 de febreiro - William Dampier descobre Nova Bretaña.
- 1 de marzo - A Alemaña protestante e Dinamarca-Noruega adoptan o Calendario gregoriano.
- 15 de novembro - Filipe V accede ao trono de España.
- Os leóns extínguense en Libia.
- Clemente XI é elixido papa.
Arte e cultura
- Teodoro Ardemans é nomeado arquitecto de Madrid.
1701
- Artigo principal: 1701.
- 9 de outubro - A Collegiate School of Connecticut (posteriormente chamada Universidade Yale) é fundada en Old Saybrook, Connecticut
1702
- Artigo principal: 1702.
- 23 de outubro - Batalla de Rande na Ría de Vigo.
- Comeza a Guerra de sucesión española.
1703
- Artigo principal: 1703.
- 27 de maio - Pedro o Grande de Rusia funda San Petersburgo, nas beiras do mar Báltico.
- 27 de decembro - Tratado de Methuen: Asinado entre Inglaterra e Portugal, declara trato preferente para os viños portugueses importados polos ingleses.
1704
- Artigo principal: 1704.
- 2 de xullo - Batalla de Schellenberg na Guerra de Sucesión Española.
- 4 de agosto - Unha escuadra inglesa toma Xibraltar, e a praza queda xa como posesión de Inglaterra.
- 13 de agosto - Tropas francesas son derrotadas na Batalla de Höchstädt, durante a Guerra de Sucesión Española.
1705
- Artigo principal: 1705.
- 5 de maio - Xosé I de Habsburgo sucede Leopoldo I como arquiduque de Austria e como Sacro Imperador Romanoxermánico
- 22 de agosto - As tropas do Arquiduque Carlos sitian Barcelona
Ciencia e tecnoloxía
- O británico Thomas Newcomen idea unha máquina-bomba de vapor.
1706
- Artigo principal: 1706.
- 23 de maio: Guerra de sucesión española - Batalla de Ramillies: o exército inglés de John Churchill, derrota as tropas francesas do duque de Villeroy, en Ramillies (Flandres). As tropas galas vense obrigadas a abandonar a Flandres, mentres os ingleses ocupan varias cidades do país.
1707
- Artigo principal: 1707.
- Guerra de Sucesión española:
- 25 de abril - Batalla de Almansa. As tropas de Filipe V vencen o exército catalano-aragonés, abríndoselle as portas da ocupación do Reino de Valencia.
- 8 de maio - as tropas de Filipe V ocupan a cidade de Valencia.
- 6 de xuño - as tropas filipistas incendian a vila de Xàtiva.
- 29 de xuño - Publícase o real decreto de Nueva Planta, que abolen o autogoberno político e administrativo propio do antigo Reino de Valencia e mais do Reino de Aragón.
- Erupción do volcán Vesuvio, Italia.
1708
- Artigo principal: 1708.
- 28 de setembro - Pedro, o Grande de Rusia derrota os suecos na batalla de Lesnaia.
- Setembro - Carlos XII de Suecia invade a Ucraína.
- 7 de outubro - O líder sikh Gobind Singh é asasinado na India e os mongois perseguen aos sikhs.
- En Masuria unha epidemia de peste mata a un terzo da poboación.
- Johann Sebastian Bach é nomeado músico de cámara e organista da corte de Weimar.
1709
- Artigo principal: 1709.
- Batalla de Malplaquet na Guerra de sucesión española.
- 25 de novembro - Unha orde do goberno portugués prohibe viaxar ao Brasil sen un permiso das autoridades ante o posíbel despoboamento de Portugal pola noticia do descubrimentos de minas de ouro.