Década de 1240
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XIII | |||||
| |||||
|
1240
- Artigo principal: 1240.
África
Europa
- Os tártaros saquean Kíiv.
- A Universidade de París condena as doutrinas filosóficas de Averroes.
1241
- Artigo principal: 1241.
- Batalla de Liegnitz (Legnicą, na actual Polonia): a cabalaría xermano-polaca cae derrotada ante as tropas mongois que conduce Ogodei
- Batalla de Sajo (sobre o río dese nome, en Hungría): os mongois derrotan o exército maxiar do rei Bela IV, arrasando a continuación o país.
1242
- Artigo principal: 1242.
Europa
- Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa.
- Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala
- 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara ao leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.
Oriente Próximo
- Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258).
- O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256).
- Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Iraq. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.
Asia
- Batu, neto de Xenxis Khan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai.
- Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246)
- Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.
1243
- Artigo principal: 1243.
- 25 de xuño: Inocencio IV sucede a Celestino IV como o 180º papa da igrexa católica romana.
1244
- Artigo principal: 1244.
- Fundación da Universidade de Roma.
- 6 de marzo: arbitraxe entre os mosteiro galegos de Aciveiro e Melón, que fixou os lindes entre ambos nos montes de Rubillón (no actual concello de Avión, Ourense).
- 16 de marzo - Máis de 200 cátaros son queimados en Montségur, rematando a cruzada contra os albixenses.
- 26 de marzo: Castela e Aragón asinan o tratado de Almizra, que fixa os lindes entre ambas no Oriente meridional da Península Ibérica.
- Xacobo de Voragine ingresa na orde dominica.
- Xaime I de Aragón "reconquista" Altea (actual Valencia).
- Primeiro rexistro documentar sobre a cidade de Berlín.
- Sevilla, Ceuta, Tlemcen e Meknès recoñecen a soberanía de Yahyâ I, soberano hafsida de Tunicia.
- 23 de agosto : Xerusalén, apenas defendida, é tomada polo sultán de Exipto, ficando definitivamente perdida para os cristiáns.
1245
- Artigo principal: 1245.
- Marco Polo leva a Venecia unha receita de como facer xeados procedente da China.
1246
- Artigo principal: 1246.
Asia
- Güyük, fillo de Ogedei e neto de Xenxis Khan, elixido 3º khan supremo dos mongois.
Europa
- O rei Fernando III de Castela conquista aos mouros a cidade andaluza de Xaén.
1247
- Artigo principal: 1247.
Asia
Europa
- Sancho II abdica e o seu irmán, Afonso III, sobe ao trono de Portugal
- Inicia o seu reinado Guillerme de Holanda (1227-1256), emperador románico xermánico (até a súa morte)
- 27 de xullo - Haakon IV é coroado rei de Noruega en Bergen polo cardeal Guillerme de Sabina.
- Brandr Jónsson, abade de Thykkvabær (até 1262) e futuro bispo de Hólar, que aspira á paz, milita pola submisión da Islandia á coroa norueguesa.
- Nace o Parlamento de París: o crecemento das prerrogativas reais no dominio xudicial obriga a unha parte da corte a reunirse en sesións temporais e a se dotar de conselleiros e xuíces.
- O rei Bela IV da Hungría establece os cabaleiros de San Xoán de Xerusalén na Valaquia para enfrontarse aos tátaros.
Oriente Próximo
- O sultán do Exipto Malik al-Salih Ayyoub retoma Ascalón e a Galilea oriental. Señor de Damasco, restablece a súa soberanía sobre Homs, loitando polo control da Siria co seu curmán, señor de Alepo.
Arte e cultura
- Vidal de Canellas termina a recompilación de leis forais aragonesas, coñecida como "Compilación de Huesca".
1248
- Artigo principal: 1248.
- O rei Lois IX de Francia lanza a Sétima Cruzada, con Exipto como obxectivo.
- 23 de novembro: Fernando III de Castela ocupa a cidade de Sevilla, até entón en poder dos musulmáns.
- Comeza o reinado de Afonso III de Portugal.
1249
- Artigo principal: 1249.
Oriente Próximo
- VI Cruzada (1248-1254):
- Lois IX de Francia toma a cidade de Damieta no litoral de Exipto.
Europa
- Xaime I de Aragón toma aos mouros a cidade de Xàtiba.
Ciencia e tecnoloxía
- Primeira mención da pólvora en Europa, nunha carta do monxe e filósofo Roger Bacon (ca. 1214-1294).