Saltar ao contido

Crómlech dos Almendres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCrómlech dos Almendres
Vista aérea
Imaxe
Tipocírculo de pedras (pt) Traducir
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNossa Senhora da Tourega e Nossa Senhora de Guadalupe, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónNossa Senhora de Guadalupe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°33′27″N 8°03′40″O / 38.557497, -8.061077
Características
Monumento nacional de Portugal
Identificador69690

O Crómlech dos Almendres é un crómlech situado na freguesía de Nossa Senhora de Guadalupe, concello de Évora, Portugal.

Trátase do maior grupo de menhires estruturados existente na Península Ibérica (e un dos máis grandes de Europa), este xacemento arqueolóxico está formado por varias estruturas megalíticas: crómlechs e pedras de menhir, que pertencen ao denominado "universo megalítico de Évora", con claros paralelismos con outros crómlechs do distrito de Évora, como o de Portela de Mogos ou o de Vale Maria do Meio.[1]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

A formación deste crómlech, comezou a fins do VI milenio a. C. e rematou no III milenio a. C.

  • No Neolítico Antigo Medio erixiuse un conxunto de monólitos, agrupados en tres círculos concéntricos.
  • No Neolítico Medio erixiuse un novo recinto coa forma de dúas elipses concéntricas irregulares.
  • No Neolítico Final a dous recintos existentes engadíronselle algúns monólitos con gravados con marcada influencia relixiosa.

Estrutura

[editar | editar a fonte]
Esquema amosando a evolución do cromlech de Almendres (Évora, Portugal) dende o neolitico ata hoxe[2]
Vista aérea.

Os monólitos, algúns de tres metros de altura, foron colocados sobre cavidades previamente preparadas.

Os dous recintos contiguos presentan unha orientación leste - oeste.

  • O recinto máis a Oeste, en forma de círculo é o máis antigo e foi edificado no Neolítico Antigo Medio. Constituído por tres círculos concéntricos, presenta en total vinte e catro monólitos. O círculo exterior ten de diámetro, uns 18,8 metros e o círculo interior cerca de 11,4 metros.
  • O recinto máis a Leste, en forma de elipse, é o recinto edificado no Neolítico Medio e estaba constituído na súa orixe por 56 menhires. Este recinto está formado por dúas elipses concéntricas, onde a maior presenta as seguintes dimensións: eixo maior 43,6 metros e o menor 32 metros.

Xa no Neolítico final, no interior do recinto en forma de elipse foron colocados novos menhires, e nalgúns dos xa existentes foron gravadas algunhas figuras en relevo.

Descuberta

[editar | editar a fonte]

Foi descuberto en 1964 por Enrique Leonor Pina, cando procedía ao deseño da Carta xeolóxica de Portugal. Dende a súa descuberta xa tivo tres campañas de estudo e escavación.

  1. "Cromeleque, Menir e Pedras dos Almendres". igespar.pt. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2012. 
  2. Mário Varela Gomes. Cromeleque dos Almendres: Um dos Primeiros Grandes Monumentos Públicos da Humanidade. Biblioteca Digital do Alentejo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]