Saltar ao contido

Coruxo, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coruxo
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′28″N 8°48′03″O / 42.1912, -8.80073483
Poboación5.352 hab. (2022)
Entidades de poboación41[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Comesaña, Navia, Oia e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e, segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.352 habitantes (2.620 homes e 2.732 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Atopáronse achados arqueolóxicos da Idade de Bronce, coma os petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón. Hai restos castrexos en San Lourenzo e na Illa de Toralla, onde tamén hai restos romanos. A igrexa románica de San Salvador conserva tres ábsidas románicas, sección dun antigo mosteiro beneditino desaparecido no século XIV. O cruceiro é o máis antigo de Vigo, datado no ano 1631.[3]

A gamela coruxeira é un tipo de embarcación tradicional moi estendida nas augas viguesas e que debeu nacer nas carpintarías desta parroquia.

Coruxo dispón dun Centro Recreativo Artístico e Cultural, dunha asociación de veciños e dun pavillón polideportivo. Ademais, conta cunha xunta de montes en mancomunidade que administra unha superficie de 231 hectáreas.

No martes do Entroido quéimase a figura do Castrón. No verán, os barrios de Fragoselo, O Vao e San Lourenzo celebran respectivamente as súas festas na honra de san Sebastián, a Virxe do Carme e San Lourenzo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Coruxo.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Coruxo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra)

Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó

Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]