Consello de Galiza
Consello de Galiza | |
---|---|
Tipo | organización política |
Data de fundación | 15 de novembro de 1944 |
Presidente/a | Antón Alonso Ríos (1950-) or en Wikidata|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q3397795?uselang=gl#P488]]
|
País | Uruguai |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello de Galiza foi unha entidade política galega que se constituíu o 15 de novembro de 1944 en Montevideo e que pretendía aglutinar os deputados galegos, por riba de partidos políticos, para dotar dun órgano político a Galicia no exilio e que pretendía actuar na práctica como un goberno galego no exilio, lexitimado polo Estatuto de autonomía que se sometera a plebiscito en 1936, pero sen chegar a constituírse formalmente como a Xunta que prevía o propio Estatuto.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A iniciativa da constitución do Consello de Galiza foi de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, influído polo pensamento de José Antonio Aguirre, o lehendakari no exilio. O seu primeiro presidente foi o propio Castelao e estaba formada ademais, nun primeiro momento, por Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde. Posteriormente integrouse Alfredo Somoza.
Coa morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950 e o exilio de Ramón Suárez Picallo en Chile, o Consello de Galiza quedou orfo de figuras representativas. Para reactivalo os deputados Alonso Ríos, Suárez Picallo e Villaverde convocaron aos directivos das principais sociedades galegas a unha xuntanza o 11 de xullo de 1960 na sede do Centro Pontevedrés. Nesa reunión foi nomeado Antonio Alonso Pérez secretario xeral de coordinación do novo Consello de Galiza. Editaron o boletín Consello de Galiza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Consello de Galiza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvajar López, Javier (1988). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (11): 125–136. ISSN 1130-7625. Co texto da Acta de Constitución do Consello de Galiza en galego.
- ————————— (1989). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (II)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (12): 175–208. ISSN 1130-7625.
- ————————— (1990). "Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (III)" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (13): 141–204. ISSN 1130-7625.
- Torres Regueiro, Xesús (12 de abril de 1995). "Crónica do Consello de Galiza en Europa. Xavier e César Alvajar sostiveron o organismo até 1976". A Nosa Terra (669).
- Villares, Ramón; Núñez Seixas, Xosé M., eds. (2017). Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza (PDF). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-88-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Lois Tobío Fernández sobre o Consello de Galiza. |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manifesto do Consello de Galiza en xaneiro de 1970. Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine.