Condado de Valois
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | |||
---|---|---|---|
Capital | Vez Crépy-en-Valois | ||
O condado de Valois foi unha xurisdición feudal de Francia. Máis tarde existiu o Ducado de Valois (1407-1789). A dinastía Valois, chamada así polo ducado, reinou en Francia. A capital do condado foi primeiro Vez (en latín, Vadum) e despois Crépy-en-Valois.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira dinastía condal deriva de Carlomagno a través do seu fillo Pipino e do seu neto Bernardo, reis de Italia. Trátase dos chamados herbertinos ou herbertidas.
O fillo de Bernardo, Pipino chamado Pipino de Péronne, foi conde no Vermandois ao redor de 840 gobernando Péronne, Saint Quintin e Senlis. Estivo casado con Rotaida de Bobbio e tiveron tres fillos: Heriberto, Pipino e Bernardo. O primeiro foi o tronco dos condes de Vermandois e o segundo dos condes de Valois e Senlis.
A liña de Valois repartiuse entre os fillos do Conde Bernardo (morte tradicionalmente fixada o 956): Huberto, que recibiu Senlis, Roberto que recibiu Péronne, Robhold que foi o tronco dos señores de Chantilly e logo de Huntingdon e Northampton, e Adela que casou con Walerano, antes identificado como conde de Vexin, pero que hoxe se pensa que se trataba de Walerano, conde de Arlon. O conde Gautier II librouse da vasalaxe que debía ao bispo de Amiens e esta función volveuse ligada á familia Condal.
Os condados non se puideron manter unidos e separáronse á morte de Gautier II, pero en 1063 Raúl III unificounos de novo e mesmo os expandiu. Á súa morte o seu fillo Simón, destinado á vida eclesiástica, como único fillo tivo que aceptar a sucesión (1074) pero o día da súa voda decidiu desenterrar a seu pai, que fora excomungado e enterrado fóra de lugares santos, para ser levado a chan santo; a vista do cadáver en descomposición impresionouno tanto que volveu a facerse monxe e morreu en 1082. Algúns condados pasaron a outros herdeiros e o condado de Valois pasou polo matrimonio da irmá de Simón, Adela, esposa do conde de Vermandois (máis tarde, en 1118, os condes de Vermandois tamén recuperaron a Amiens).
Pero esta liña de Vermandois tampouco non tiña fillos varóns. Adelaida casou con Hugo, señor de Crepy pero só tiveron unha filla, Isabel. Do seu segundo enlace con Renaud, conde de Clermont-en-Beavaisis, naceu Raúl IV, pero o seu fillo, Raúl V, morreu sen sucesión e os tres condados pasaron á irmá, Isabel, que casou con Filipe de Alsacia que herdou o condado de Flandres. En 1179 fíxose recoñecer conde igua que a súa esposa e único herdeiro polo rei de Francia, e á morte da súa muller en 1182 proclamouse soberano de Valois, Vermandois e Amiens; pero a irmá de Isabel, Leonor, co apoio do rei de Francia, reclamou a sucesión e fianlmente en 1185 Filipe renunciou. Leonor cedeu os condados de Valois, Vermandois e Amiens á coroa francesa (1214) e retirouse a un convento.
Entón o condado de Valois foi asignado temporalmente a varias personalidades en asignación, ás veces volvendo á coroa. En 1406 o condado foi elevado a ducado. Permaneceu ata a revolución.
Condes de Valois e Senlis
[editar | editar a fonte]- Pipino de Péronne c. 840.
- Pipino I de Senlis e Valois c. 850-893.
- Pipino II 893-922.
Condes de Valois
[editar | editar a fonte]- Ermenfredo 893-919?.
- Hildegarda aproximadamente 919.
- Raúl I de Ostrevent, marido.
Condes de Senlis
[editar | editar a fonte]- Bernardo 922-956.
- Huberto 956-?.
- Sporta, casada con Guillerme I de Normandía e con Asperling de Vaudreuil.
- a Bayeux c. 1000.
Señores de Péronne
[editar | editar a fonte]- Roberto I 956-1028 (irmán de Huberto de Senlis).
- Odón 1028-?.
- Roger?.
- Ives (irmán, recibe a señoría de Neslé).
- Pedro?.
- Gauthier?.
- Xoán I c. 1210.
- Xoán II de Lille.
- a Lille arredor de 1250.
Condes de Valois, Vexin e Amiens
[editar | editar a fonte]Casa de Vexin
[editar | editar a fonte]- antes do 895 - 919: Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois.
- 919 - 926: Raúl I de Ostrevent (m. 926), conde de Amiens, Vexin e Valois. Casado con Hildegarda, probabelmente filla de Ermenfredo.
- 926 - 943: Raúl II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo do precedente. Casado con Lietgarda.
- 943 -despois de 992: Gautier I, conde de Amiens, Vexin e Valois, irmán; casado con Adela, probabelmente filla de Fulque II de Anjou.
- antes de 998 - despois de 1017: Gautier II, conde de Amiens, Vexin e Valois, fillo; Casado con Adela.
- antes de 1024 - 1038: Raúl III, conde de Valois, fillo; Casado con Alix.
- 1038 - 1074: Raúl de Crépy, IV de Valois e III de Vexin-Amiens o Grande, conde de Valois, despois de Vexin e de Amiens, conde consorte de Bar-sur-Aube e Vitry. Fillo; Casou en primeiras nupcias con Adela de Bar-sur-Aube e Vitry, en segundas nupcias con Haquenez e en terceiras nupcias con Ana de Kíiv.
- 1074 - 1077: Simón (1048 † 1081), conde de Valois, despois de Vexin e Amiens, fillo (coa primeira muller). En 1077 Simón converteuse en monxe. Valois pasou ao seu cuñado Heriberto IV de Vermandois casado con Adela ou Alix, a irmá de Simón; Amiens pasou á coroa aínda que foi reintegrado máis tarde, e Vexin repartiuse entre o duque de Normandía e o rei de Francia.
Casa de Vermandois
[editar | editar a fonte]- 1077 - 1080: Heriberto IV de Vermandois (1032 - 1080), conde de Vermandois e Valois. Casado con Alix ou Adela de Valois, filla de Raúl IV e Adela de Bar-sur-Aube.
- 1080 - 1102: Hugo de Vermandois (ca. 1057 - 1102), conde de Vermandois e Valois, fillo de Henrique I de Francia e de Ana de Kíiv. Casado con Adelaida de Vermandois (c. 1062 † 1122), filla de Heriberto IV e Adela ou Alix de Valois.
- 1102 - 1152: Raúl I o Valente V de Valois (1085 - 1152), conde de Vermandois e Valois (aquí Raúl V), recupera Amiens en 1118, fillo. Casou en primeiras nupcias arredor de 1120 con Leonor de Blois, o matrimonio foi anulado en 1142. En segundas nupcias en 1142 con Petronila de Aquitania (c. 1125 - 1153), o matrimonio foi anulado en 1151. En 1152 casou en terceiras nupcias con Laureta de Lorena (c. 1120 - 1175).
- 1152 - 1160: Hugo II (1127 - 1212), conde de Vermandois, de Valois e de Amiens, monxe en 1160, fillo de Raúl I e Leonor de Blois.
- 1160 - 1167: Raúl II ou Raúl VI (Raúl Hugo) de Valois e Amiens (1145 - 1167), conde de Vermandois, de Valois e Amiens, fillo de Raúl I e Petronila de Aquitania. Casado con Margarida de Alsacia, condesa de Flandres.
- 1167 - 1185: Filipe de Alsacia (1143 - 1191), conde de Flandres (1168-1191), conde de Vermandois, Valois e Amiens por matrimonio. Casou con Isabel de Vermandois (1143 † 1183), filla de Raúl I e de Petronila de Aquitania, que probabelmente recibira a parte de Vermandois no condado de Amiens no 1152. Morta a súa muller quedou coas súas posesións baseándose nunha cesión real de 1179, vulnerando os dereitos de Leonor de Vermandois, irmá de Isabel. Finalmente, o rei fixo que entregase os condados a Leonor, que acordara a cesión á coroa francesa.
- 1185 - 1214: Leonor (1152 - despois de 1222), condesa de Vermandois e Valois, filla de Raúl I e Laureta de Lorena. Casou en primeiras nupcias con Godofredo de Hainaut, conde de Ostervant (m. 1163). En segundas nupcias con Guillerme IV (m. 1168), conde de Nevers. En terceiras nupcias arredor de 1170 con Mateo de Alsacia (c. 1137 - 1173), conde de Boulogne. En cuartas nupcias arredor de 1175 con Mateo III de Beaumont-sur-Oise (m. 1208). En 1214 cedeu os seus dereitos á coroa francesa e retirouse a un convento.
Condes de Valois
[editar | editar a fonte]- Branca de Castela 1245-1252.
- á coroa francesa 1252-1268.
- Xoán Tristán de Valois e Nevers 1268-1270.
- á coroa francesa 1270-1285.
- Carlos I de Valois 1285-1325.
- Filipe II de Valois (rei Filipe VI de Francia) 1325-1344.
- Filipe III de Valois (fillo) 1344-1375.
- Branca II de Valois (viúva) 1375-1393.
- Lois I de Orleáns 1393-1406, elevado o duque de Valois en 1406, exerceu como duque 1406-1407.
Duques de Valois
[editar | editar a fonte]- Carlos II de Valois 1407-1465.
- Lois I (rei Lois XII de Francia) 1465-1498. Entre 1498 e 1499 o título pasou á coroa francesa.
- Francisco de Angulema (rei Francisco I de Francia) 1499-1515.
- Xoana de Orleáns 1515-1520.
- María de Luxemburgo (m. 1546) 1520-1546. Entre 1546 e 1562 o título asociouse coa coroa francesa.
- Catarina de Médici 1562-1582.
- Margarida de Valois (filla) 1582-1589 / 1615.
- á coroa francesa 1589 / 1615-1626.
- Gastón de Valois 1626-1660.
- Filipe IV de Valois (Filipe II de Orleáns) 1660-1701, ás veces tamén Filipe I de Valois e Orleáns por ser o primeiro duque deste nome en Valois e ser o primeiro da liñaxe en Orleáns.
- Filipe V de Valois, Filipe de Orleáns, fillo do duque de Valois, nado en 1664, ao que se lle asignou o título nominalmente, pero morreu en 1666.
- Alexandre Lois de Orleáns, duque de Valois, fillo nado en 1673 en Saint-Cloud e finado con 3 anos, en 1676 en Saint-Cloud, tamén levou nominalmente o título
- Filipe V de Valois (Filipe III de Orleáns) 1701-1723, ás veces tamén Filipe II de Valois e Orleáns por ser o segundo duque deste nome en Valois e o segundo da liñaxe en Orleáns
- Lois II de Valois (Lois IV de Orleáns) 1723-1752,
- Lois Filipe I de Orleans e Valois 1752-1785.
- Lois Filipe II de Orleáns e Valois 1785-1789 (título abolido).