Saltar ao contido

Conversa modelo:Trobadores galego-portugueses

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por que os trobadores que non se sabe de onde eran aparecen no modelo como portugueses?--Cheluco 22:10, 6 de setembro de 2010 (UTC)

  • Non sei se iso efectivamente é así. Que nolo resolva Xoacas, que é quen anda co asunto. De calquera maneira, se fose como dis daquela creo que habería que incluír un cuarto grupo Orixe descoñecida ou Orixe incerta. --Atobar (conversa comigo) 22:12, 6 de setembro de 2010 (UTC)
Por exemplo no artigo de Martin Caldas dise que era portugués ou galego e no modelo está como portugués.--Cheluco 22:16, 6 de setembro de 2010 (UTC)
Para ese caso Martin/m de Caldas parece que era galego, ou iso di o artigo de Cuntis, na sección personalidades: Martim de Caldas, non se sabe con certeza se era de Caldas de Reis ou de Caldas de Cuntis. --Atobar (conversa comigo) 22:41, 6 de setembro de 2010 (UTC)

Haxa paz. O modelo é unha tradución dun empregado na wikipedia italiana. Efectivamente, tiña unha división por "nacionalidades" que non se sostén. Reordenei segundo outro criterio, que é o que se segue en Literatura galego-portuguesa medieval. Aínda así sóbranme uns cantos que non sei onde incluílos, fixen con eles un último apartado medio residual. Convén que lle dea un repasiño alguén que controle máis disto ca min. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:57, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "Modelo:Trobadores galego-portugueses"

Iniciar unha conversa