Conversa Wikipedia:Acerca de
Aparencia
"Acerca de" é galego?
[editar a fonte][1] --. HombreDHojalata.conversa 16:13, 29 de abril de 2011 (UTC)
- Si, si que o é. Debe de ser un fallo do VOLGa (ou se cadra é que non figuran como tampouco o fai canto a ou dado que). A ver se alguén o ten en papel (Lameiro creo que si). En todo caso, acerca de figura nas normas e sen ir máis lonxe tamén no Gran Xerais de 2009. --Atobar (conversa comigo) 17:42, 29 de abril de 2011 (UTC)
- OK, grazas--. HombreDHojalata.conversa 17:50, 29 de abril de 2011 (UTC)
- Oe, que se buscas "acerca de" (non soamente "acerca") aparece! Ou é que vexo visións? --Toliño Fala aquí comigo 18:00, 29 de abril de 2011 (UTC)
- Pois é verdade. Eu tamén buscara co acerca.Grazas, Toliño. --Atobar (conversa comigo) 18:09, 29 de abril de 2011 (UTC)
- Acerca de, canto a (e en canto a) son locucións galegas de pura cepa. Locucións preposicionais. Dado que tamén, pero neste caso é loc. conxuntiva causal. Non debedes consultar só o VOLGa (que tampouco é palabra de Dios) senón tamén as Normas Ortográficas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 29 de abril de 2011 (UTC)