Causalidade
Aparencia
A causalidade[1] en filosofía parte do feito de que todo suceso se orixina por unha causa.
Condicións
[editar | editar a fonte]Para que un suceso A sexa a causa dun suceso B tense que cumprir tres condicións:
- Que A aconteza antes que B.
- Que sempre que aconteza A aconteza B.
- Que A e B estean próximos no espazo e no tempo.
O observador, tras varias observacións chega a xeneralizar que posto que ata agora sempre que ocorreu A deuse B, no futuro ocorrerá o mesmo. Así se establece unha lei.
Como no seu día dixo Hume, nunca hai observacións suficientes para relacionar A con B.
En Kant a causalidade é unha das categorías a priori do entendemento, e entón non provén do costume (como dicía Hume) senón ten un carácter necesario e universal. Isto permite que a ciencia se apoie sobre o principio de causalidade sen deixar de ser necesaria e universal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para causalidade.