Saltar ao contido

Casa Barrié

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Barrié
Fachada do edificio.
Edificio
EstiloArquitectura ecléctica
LocalizaciónLinares Rivas 35-40
15005, A Coruña
Coordenadas43°21′45″N 8°24′20″O / 43.3625, -8.4055555555556
Uso(s)residencial
Construción
Inicio1926
Remate1928
Dimensións
Plantas8
Equipo
Arquitecto(s)Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés
editar datos en Wikidata ]

A casa Barrié é un edificio de vivendas de 1926 deseñado polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés no Ensanche da Coruña.

A casa Barrié localízase nun soar de 1178 m2 do Ensanche da cidade da Coruña. Era propiedade de Pedro Barrié de la Maza e fora rexeitado como localización da sede do Banco Pastor.[1]

O primeiro proxecto de urbanización da parcela foi presentado en 1916 por Rafael González Villar e Leoncio Bescansa. Tratábase dun edificio cun perfil composto con torres e pináculos influído pola arquitectura de Antonio Palacios e semellante á casa Molina do propio González Villar situado no paseo do Parrote. A altura do edificio atrasou a concesión da licenza e paralizou o proxecto.[1]

O segundo proxecto, de estilo ecléctico con influencia da escola de Chicago, foi deseñado por Leoncio Bescansa e presentouse en 1922. Tras lograr autorización para a construción dun edificio de oito andares, obtivo licenza no mes de xuño. No seu momento anunciouse como un novo rañaceos e o maior edificio da cidade.[1][2] Con todo, durante a construción derrubouse o forxado do primeiro andar, provocando a morte a dous obreiros. A influencia de Pedro Barrié fixo que o suceso apenas tivese publicidade.[3][4]

Finalmente Barrié retiroulle o encargo a Bescansa, ofrecéndollo a Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés, que estaban a traballar na sede do Banco Pastor.[4]

A magnitude da intervención influíu en que outros promotores creasen edificios da mesma tipoloxía como a casa Jesús Fernández, de Pedro Mariño.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A casa Barrié está formada por tres bloques que solucionan a forte inclinación da parcela.[6] O edificio é de estilo ecléctico con reminiscencias francesas e dúas cúpulas nas esquinas.[4][7]

A decoración é pouco naturalista e inclúe elementos xeométricos antecedentes do art déco.[8]

A cúpula tivo que ser demolida e reconstruída en 2014 a causa de problemas construtivos.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 Agrasar 2007, p. 52
  2. ’’La Voz de Galicia’’, 24 de setembro de 1924. Páxina 5
  3. ’’La Voz de Galicia’’, 1 de febreiro de 1923. Páxina 5 publicou “Resueltas algunas dificultades surgidas, se reanudarán en breve, con actividad, las obras de la casa de don Pedro Barrié, en la calle de Linares Rivas”.
  4. 4,0 4,1 4,2 Agrasar 2007, p. 53
  5. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  6. Louzao Martínez, Francisco Xabier (2015). Historia de la arquitectura en Galicia: del Neoclasicismo a la autarquía (PDF) (en castelán). A Coruña: Universidade da Coruña. p. 175. ISBN 978-84-9749-631-5. Consultado o 12-2-2017. 
  7. "El dúo que transformó la arquitectura coruñesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-12-17. Consultado o 2020-01-03. 
  8. Agrasar 2007, p. 58
  9. El extraño caso de la cúpula que aumenta de volumen

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Agrasar, Fernando, ed. (2007). Antonio Tenreiro. Obra arquitectónica (en castelán). COAG. ISBN 978-84-96712-08-9. 
  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. p. 154-155. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]