Saltar ao contido

Carucedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCarucedo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°29′25″N 6°45′45″O / 42.490277777778, -6.7625
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor en Wikidata
CapitalCarucedo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación495 (2023) Editar o valor en Wikidata (14,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie35 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude515 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfonso Fernández Pacios Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24442 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE24041 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcarucedo.es Editar o valor en Wikidata

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Carucedo se encontra no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².

No concello se encontra o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Carucedo ten un clima Csb[2] (temerado con verán seco e temerado) segundo a clasificación climática de Köppen.

Valores promedio en Carucedo
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 4,5 6,1 9,1 10,6 14,0 17,7 20,4 20,3 17,3 12,7 8,2 5,2
12,2
Precipitacións (mm) 85,8 62,5 50,7 59,4 59,7 29,4 20,9 21,5 48,5 76,8 91,1 97,1
708,6
Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1983-2003 e de temperatura para o período 1983-2003 en Carucedo[3]

Política

[editar | editar a fonte]

As últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carucedo deste xeito:

Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[4]
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 294 56,43 4
PP 214 41,07 3

Os primeiros datos documentados de Carucedo se remontan ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora.
  • As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona. En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
  • Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.

Economía

[editar | editar a fonte]

Actualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.

Parroquias

[editar | editar a fonte]

As parroquias que compoñen Carucedo son:

  • A Barosa
  • A Campañá
  • O Carril
  • Carucedo
  • Forcadas
  • Lago de Carucedo
  • As Médulas
  • Penarrubia
  • A Valouta
  • Vilarrando
Provincia de León | Parroquias e lugares de Carucedo

A Barosa | A Campañá | O Carril | Carucedo | Lago de Carucedo | As Médulas | Vilarando


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. El plurilingüismo en España. María Teresa Turell, 2007. p 154
  2. aemet.es, Atlas climático ibérico.
  3. "Promedios mensuales - Carucedo, ESP". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 02 de decembro de 2013. 
  4. Resultados das eleccións municipais do 2011 en Carucedo