Calígula
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Caio Xulio César Augusto Xermánico, (en latín Gaius Julius Caesar Augustus Germanicus; nado en Antium (hoxe Anzio) o 31 de agosto do 12 e finado en xaneiro do ano 41, tamén coñecido como Caio César ou Calígula, foi emperador romano desde o 16 de marzo de 37, ata o seu asasinato o 24 de xaneiro de 41. Foi o terceiro emperador do Imperio romano e membro da dinastía Xulio-Claudia, instituída por Augusto. Sucedeu ó seu avó adoptivo Tiberio no trono imperial romano co nome de Caio Xulio César Xermánico. O sobrenome de Calígula vén dos seus tempos mozos (significa calzado pequeno).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Acadou o poder absoluto matando sucesivamente ós seus pais, ós seus irmáns máis vellos e, logo de ser emperador, por se acaso mandou cortar a cabeza a Tiberio Xemelgo, o único que podía disputarlle o trono.
Porén, os seus primeiros meses de reinado foi un dirixente querido polo pobo. As continuas xornadas de xogos en Roma e as súas célebres reparticións de comida ós máis necesitados volvérono querido e admirado en toda Roma.
Pero tras unha crise mental, o benquerido Calígula perdeu o control: nomeou o seu cabalo (Incitatus) senador e malgastou a fortuna estatal en absurdas campañas militares. Convencido de ser un deus en vida, mandou as lexións a Ostia a combater o deus Neptuno. Imitando a Xúpiter (Zeus), practicoulle un aborto á súa muller, Drusila (tamén era a súa irmá), e comeu o rapaz.
En xaneiro do 41 d. C., os oficiais Casio Querea e Cornelio Sabino acabaron coa súa vida, matando tamén á súa filla Xulia Drusila e á súa esposa Caesonia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Busto de Calígula. Museo do Louvre
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calígula |