Bombo (entroido)
Bombo de entroido | |
---|---|
Información | |
Clasificación | Percusión |
O bombo de Entroido é un instrumento de percusión empregado nas comarcas galegas de Viana, Terra de Trives e Valdeorras.
Características
[editar | editar a fonte]Durante as celebracións do entroido, nas comarcas montañosas do leste galego, a veciñanza das distintas vilas e aldeas conforman as formacións musicais denominadas folións. Estes grupos de veciños desfilan baixo o ritmo da percusión dos bombos, aos que acompañan o bater de diferentes útiles de traballo como gadañas e sachos, e os boteiros, as máscaras propias da zona.[1]
Descoñécese a orixe e antigüidade deste costume, mais, tanto polo gran tamaño coma polo primitivo xeito de construción, fabricábanse antigamente baleirando o tronco dun castiñeiro,[2] os bombos de entroido cóntanse entre os máis antigos que se conservan en Galiza. Teñen un diámetro que varía entre o metro e os 60 centímetros, e unha altura duns 40 ou 50. Cóbrense con parches de pel de carneiro tensados con arrochos de coiro. Habitualmente levan varios bordóns na pel inferior que se estiran introducindo unha cuña de madeira entre eles e o corpo do bombo.[2] Tócanse pendurados do ombreiro do tocador cunha correa mentres se percute cunha ou dúas mazas de madeira de buxo ou castiñeiro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández Santomé, Xerardo (2012). Treboada galega. A.F.Gaiteiros da Xistra. p. 16.
- ↑ 2,0 2,1 "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Tambor propiamente dito". Consultado o 2021-10-18.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » Tambores de antroido". Consultado o 2021-10-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bombos e bombeiros - Pablo Quintana (1986) - Youtube.