Bieito Rubido
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1958 (66 anos) Cedeira, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Participou en | |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
Familia | |
Irmáns | Luís Rubido Ramonde Leopoldo Rubido Ramonde |
Benito Damián Rubido Ramonde coñecido como Bieito Rubido, nado en Cedeira en 1958, é un xornalista galego. Foi director de La Voz de Galicia, de Antena 3 en Galicia e do ABC. Dende 2021 dirixe o xornal dixital El Debate.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor da Universidade da Coruña, e na actualidade imparte aulas na Universidade Rei Xoán Carlos.
Iniciouse na prensa no Diario Informaciones de Madrid a finais da década de 1970. Levou a cabo proxectos de modernización en varias publicacións galegas, e en 1983 pasou á radio a través de Antena 3 Radio, chegando a ser director rexional da emisora. Co nacemento das televisións privadas, en 1995 foi nomeado director de Antena 3 en Galiza, desenvolvendo o primeiro telexornal territorial da cadea.
Foi director de La Voz de Galicia entre 2000 e 2006, ao tempo que participou en faladoiros de programas como Herrera en la Onda, Ruedo Ibérico, 59 segundos ou Protagonistas.
En xaneiro de 2009 foi nomeado director editorial de Medios Rexionais de Vocento. En setembro de 2010 foi nomeado director do periódico ABC, substituíndo a Ángel Expósito.[1] Ocupou o cargo durante unha década, ata que foi substituído en 2020 por Julián Quirós.[2]
No ano 2021 púxose á fronte do novo xornal dixital El Debate, creado pola Asociación Católica de Propagandistas como herdeiro do antigo xornal católico El Debate.[3][4]
Galardóns e recoñecementos[5]
[editar | editar a fonte]- Premio Galicia de Xornalismo, na sección de radio (1989).
- Premio Galicia de Xornalismo,na sección de prensa escrita (2002).
- Coruñés do ano, en 1990.
- Mellor xornalista da Coruña, pola Universidade da Coruña, en 1995.
- Antena de Oro, en 1998.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán dos políticos Leopoldo e Luís Rubido Ramonde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bieito Rubido, novo director de ABC". Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Vocento releva a Bieito Rubido al frente de 'ABC' y nombra a Julián Quirós" (en castelán). 1 de setembro de 2020. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Bieito Rubido se pondrá al frente de ‘El Debate’". 20 de setembro de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ "Nace 'El Debate', nuevo medio de información y opinión dirigido por Bieito Rubido". 20 minutos (en castelán). 1 de outubro de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2022.
- ↑ Perfil de Bieito Rubido Ramonde Arquivado 07 de setembro de 2011 en Wayback Machine. en www.academiatv.es (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista con Rubido na ultraconservadora Periodista Digital (en castelán).