Benny e Joon
Benny e Joon | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Benny & Joon |
Director | Jeremiah S. Chechik |
Produtor | Susan Arnold |
Guión | Barry Berman Lesley McNeil |
Intérpretes | Johnny Depp Mary Stuart Masterson Aidan Quinn |
Música | Rachel Portman |
Fotografía | John Schwartzman |
Montaxe | Carol Littleton |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 1993 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia, Romance |
Recadación | $23 261 580 |
Na rede | |
Benny e Joon (en inglés: Benny & Joon) é un filme estadounidense dirixido por Jeremiah S. Chechik que se estreou en 1993. Trata sobre dous individuos excéntricos, Sam (Johnny Depp) e Juniper "Joon" (Mary Stuart Masterson), que se namoran o un do outro. O filme é quizais mellor coñecido polos xestos cómicos de Depp (que foron feitos en homenaxe a Buster Keaton, Charlie Chaplin e Harold Lloyd) e por popularizar nos Estados Unidos a canción "I'm Gonna Be (500 Miles)" de The Proclaimers. Foi rodado integramente na localización de Spokane, Washington.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 7 de agosto de 1996.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Trala morte dos seus pais, Joon, unha rapaza sensible e delicada, converteuse nunha persoa mentalmente desequilibrada, que vive baixo a estrita tutela e protección do seu irmán Benny (Aidan Quinn). Como consecuencia dunha disparatada poxa nunha partida de póquer, Benny ten que aceptar que Sam (Johnny Depp), un rapaz extravagante e solitario que ten un don especial para a pantomima (homenaxe ó cine mudo), vaia vivir con eles. Joon e Sam simpatizan enseguida e acaban namorándose.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Johnny Depp como Sam
- Mary Stuart Masterson como Juniper 'Joon' Pearl
- Aidan Quinn como Benjamin 'Benny' Pearl
- William H. Macy como Randy Burch
- Julianne Moore como Ruthie
- Oliver Platt como Eric
- CCH Pounder como Dr. Garvey
- Dan Hedaya como Thomas
- Joe Grifasi como Mike
- Lynette Walden como Clienta
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 7 de agosto de 1996. Páx. 71
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)