Banco Etcheverría
Banco Etcheverría | |
---|---|
Oficina Banco Etcheverría da Coruña. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1717, Betanzos, A Coruña |
Matriz | Banesco |
Localización | Cantón Claudino Pita, 2 15300 Betanzos, A Coruña, Galiza |
Fundador | Juan Etcheverry |
Persoas clave | Francisco Javier Etcheverría de la Muela (presidente) Francisco Botas (conselleiro delagado) |
Industria | Banca |
Produtos | Servizos Financeiros |
Beneficio neto | 7,6 millóns de euros (2013)[1] |
Na rede | |
http://www.bancoetcheverria.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria española fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España.
O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).[2]
O 14 de novembro de 2014 produciuse a súa fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado polo vasco-francés Juan Etcheverry, de nacionalidade francesa, quen se estabeleceu en Betanzos. Alí fundou o banco en 1717 e unha fábrica de curtidos de pel, que chegou a ser unha das máis importantes de Galicia.
Os seus herdeiros continuaron o negocio bancario, que sempre estivo en mans da familia a través de xeracións (o primitivo apelido Etcheverry transformouse en Etcheverría para darlle a ortografía castelá).
En 1964 transformouse en sociedade anónima. Todos os accionistas eran membros da familia Etcheverría, até que en 2002 Caixa Galicia e Banco Etcheverría chegaron a un acordo polo que a caixa adquiriu o 37,12 % do banco por 13,25 millóns de euros.[4]
En abril de 2013 o banco venezolano Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría a NCG Banco, herdeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidade venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría.[5]
Daquela, o banco dispoñía de 26 oficinas (24 en Galicia, unha en Madrid e outra en Valladolid).[6] En xuño de 2013 anunciouse a compra por parte de Banco Etcheverría a NCG Banco dun paquete de 66 oficinas da súa rede de fóra de Galicia por 75,4 millóns de euros.[7]
O 18 de decembro de 2013 anuncouse que Banco Etcheverría, filial de Banesco, era o vencedor da poxa de NCG Banco na primeira fase da mesma, tras unha oferta de 1 003 millóns de euros, sen axudas públicas excepto unhas garantías adicionais de 275 millóns. Deste xeito, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco que estaba en poder do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).[2][8]
O 25 de xuño de 2014 culminose a adquisición e aprobouse a designación do presidente de Banco Etcheverría, Javier Etcheverría, como presidente de NCG Banco.[9]
O 6 de outubro de 2014, as Xuntas Xerais de Accionistas de NCG Banco e Banco Etcheverría apoiaron a fusión por absorción de Banco Etcheverría por NCG Banco.[10] O 14 de novembro de 2014 produciuse a fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.
A entidade resultante ten a sede social en Betanzos (A Coruña).[3]
Accionariado
[editar | editar a fonte]A 31 de decembro de 2013 Banesco controlaba o 82,42 % de Banco Etcheverría, mentres que a familia fundadora mantiña a parte restante.[11]
Rede de oficinas
[editar | editar a fonte]O banco estaba especializado na banca persoal, con tratamento aos clientes de forma individualizada.
En decembro de 2013 contaba con 117 oficinas en España.[12]
En marzo de 2014, abriu a súa primeira oficina en México dentro da primeira fase do proxecto de expansión en Hispanoamérica, que comezara coa apertura de oficinas de representación en Caracas, México e Panamá.[13]
Consello de Administración
[editar | editar a fonte]O consello de administración de Banco Etcheverría estaba en 2014 composto polos seguintes membros:
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Francisco Javier Etcheverría de la Muela |
Vicepresidente | Juan Carlos Escotet Rodríguez |
Vogal | Raúl Baltar Estévez |
Vogal | Francisco Botas Ratera |
Vogal | Miguel Ángel Capriles López |
Vogal | Salvador Cores González |
Vogal | Domingo Etcheverría de la Muela |
Vogal | Juan Mª Hernández Andrés |
Vogal | Pedro Raúl López Jácome |
Vogal | Carina Szpilka Lázaro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Banco Etcheverría multiplica por 12 sus beneficios y gana casi 7,6 millones
- ↑ 2,0 2,1 Banesco se hace con NCG por 1 003 millones sin ayudas
- ↑ 3,0 3,1 Abanca y Etcheverría culminan su fusión en el décimo banco español por activos, que ascienden a 56 921 millones
- ↑ Caixa Galicia adquiere el 37% del Banco Etcheverría por 13,25 millones
- ↑ "Banco Etcheverría ganó 641 000 euros en 2012, un 82,6% menos". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2015.
- ↑ El Etcheverría lanzan un plan de expansión con 70 oficinas más
- ↑ Banco Etcheverría compra a NCG 66 oficinas de fuera de Galicia por 75,4 millones
- ↑ Restoy dice que vender NCG supone una "pérdida apreciable"
- ↑ El FROB consuma su salida de NCG Banco y Banesco culmina su adquisición
- ↑ Abanca y Banco Etcheverría culminan su fusión entre protestas de los preferentistas
- ↑ Banesco controla ya 82,42 % del Banco Etcheverría, y solo quedan en su accionariado tres miembros de la familia fundadora
- ↑ Banesco promete empleo y crédito en su puja por Novagalicia
- ↑ El Banco Etcheverría abre su primera oficina en México