Saltar ao contido

Artemisia Gentileschi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArtemisia Gentileschi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1593 Editar o valor en Wikidata
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte1653 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Nápoles (Casa dos Austria) Editar o valor en Wikidata
Pintora de cámara
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma (1622–1626)
Florencia (1610–1620)
Venecia
Xénova
Nápoles Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, artista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato, pintura relixiosa, Pintura de historia e pintura mitolóxica Editar o valor en Wikidata
MovementoCaravaggismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoOrazio and Artemisia Gentileschi (en) Traducir (2001)
Artemisia Gentileschi and the Authority of Art (en) Traducir (1999) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresOrazio Gentileschi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePierantonio Stiattesi Editar o valor en Wikidata
PaisOrazio Gentileschi Editar o valor en Wikidata  e Prudenzia di Ottaviano Montoni Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancesco Gentileschi Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Artemisia Gentileschi)
Women Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) Traducir, (sec:Gentileschi, Artemisia)
English Female Artists (en) Traducir, (sec:Gentileschi, Artemisia, i. 21) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1123426 Musicbrainz: 22b17a10-da61-4415-837f-b94de0645cce Discogs: 5688888 Find a Grave: 28032448 Editar o valor en Wikidata

Artemisia Lomi Gentileschi, nada en Roma o 8 de xullo de 1597 e finada en Nápoles contra 1654, foi unha pintora caravaggista italiana coñecida como Artemisia. Filla do pintor toscano Orazio Gentileschi (1563-1639) , viviu na primeira metade do século XVII. Agostino Tassi foi o seu mestre de debuxo.

O seu pai, seguidor do naturalismo tenebrista de Caravaggio,[1] cedeulle en herdanza o seu obradoiro,[1] e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de Caravaggio e cargada de efectos teatrais. Este elemento estilístico contribuíu á difusión do caravaggismo en Nápoles, cidade á cal se trasladou en 1630.

Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as mulleres-símbolo, como por exemplo Lucrecia, Batxeba, Xudith ou Cleopatra, enfocadas dende un punto de vista feminino.[1] Por exemplo, no seu cadro Susana e os vellos, un nu que pintou con dezasete anos, non escolle como era habitual o intre do baño de Susana, senón no que marcha arrepiada polas olladas luxuriosas dos vellos.[1]

Outro exemplo é a súa Xudit en Xudit decapitando a Holofernes, nin nova, nin vulnerable ou feble, senón unha muller forte de mediana idade concentrada e que sabe o que fai, e que ademais é axudada por unha criada cómplice.[1] A súa experiencia vital tivo unha grande influencia na súa produción. Tivo predilección por temas que xa pintaban Caravaggio, Rembrandt e Rubens.[1]

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

O documental Artemisia Gentileschi, la pintora guerrera recupera a súa figura.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mujeres artistas de la historia, Michelle Brugués Widner, dDONA, páxs. 76-77, abril-maio 2011, B-4987-2006 (en castelán)
  2. Gómez, Berta (2021-02-10). "‘Artemisia Gentileschi, pintora guerrera’: el documental que rescata la figura de la artista sin sensacionalismo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-02-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.