Arcabuz
O arcabuz é unha arma de fogo usada pola infantaría entre os séculos XV ao XVII.
Historia
[editar | editar a fonte]O arcabuz estaba formado por un canón de ferro montado sobre un madeiro de arredor do metro de lonxitude, semellante ao fusil, e de calibres variados. Cargábase pola boca e para o disparar había que prender a pólvora por medio dunha mecha ou coa chispa dun pedernal. O alcance do disparo non superaba os 25 m, chegando aos 50 m nas últimas versións e tiña unha cadencia de disparo de 2 ou 3 por minuto.
O arcabuz demostrou a súa grande eficacia durante a batalla de Pavia (1525), a desfeita da cabalaría francesa polos arcabuceiros levou a que moitos exércitos adóptasen a arma en substitución da bésta.
A fins do século XVI o mosquete substitúe ao arcabuz na maioría dos exércitos, pero no Xapón mantívose ata a fin do shogunato.
A orixe do nome é francesa (arquebuse), esta á súa vez doutra neerlandesa hakebus e finalmente esta doutra alemá Hakenbüchse (verba composta polas palabras Haken, 'gancho' e Büchse, 'arma de fogo').