Antonio Muñoz Molina
Antonio Muñoz Molina, nado en Úbeda (Xaén) o 10 de xaneiro de 1956, é un escritor español e académico de número da Real Academia Española (1995). Actualmente reside en Nova York, onde dirixiu o Instituto Cervantes ata mediados de 2006.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Historia da arte na Universidade de Granada e Xornalismo na Universidade de Madrid. Nos anos oitenta establécese en Granada, onde traballa como funcionario e colabora como columnista no diario Ideal. O seu primeiro libro á unha recompilación deses artigos e aparece en 1984 baixo o título El Robinsón urbano.
A súa primeira novela, Beatus ille, aparece en 1986. Nela figura a cidade imaxinaria de Mágina, trasunto da súa natal Úbeda que reaparecerá noutras obras súas.
En 1987 gaña o Premio da Crítica de narrativa castellana e o Premio Nacional de Narrativa por El invierno en Lisboa e en 1991 o premio Planeta por El jinete polaco, pola que volve a ser Premio Nacional de Narrativa en 1992.
Outras obras destacadas son Beltenebros (1989) unha novela de amor e intriga no Madrid da posguerra con implicacións políticas; Los misterios de Madrid (1992 -publicada inicialmente como serial a capítulos no diario El País -o título fai referencia ó folletín do século XIX Los misterios de París, de Eugène Sue-); e El dueño del secreto (1994).
Está casado coa tamén escritora Elvira Lindo, coa que ten un fillo.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Beatus Ille (1986).
- El invierno en Lisboa (1987).
- Las otras vidas. Relatos (1988).
- Beltenebros (1989; Hai versión cinematográfica).
- El jinete polaco (1991).
- Los misterios de Madrid (1992).
- Nada del otro mundo. Relatos (1993).
- El dueño del secreto (1994).
- Ardor guerrero (1995).
- Plenilunio (1997; Hai versión cinematográfica).
- La colina de los sacrificios (1998).
- Carlota Fainberg (1999).
- En ausencia de Blanca (2000).
- Sefarad (2001).
- La poseída (2005).
- El viento de la Luna (2006).
- Días de diario (2007).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Córdoba de los Omeyas (1991).
- La verdad de la ficción (1992).
- La realidad de la ficción (1993).
- Las apariencias (1995).
- La huerta del Edén: escritos y diatribas sobre Andalucía (1996).
- Destierro y destiempo de Max Aub (1996).
- Escrito en un instante (1997).
- Pura alegría (1998).
Outros
[editar | editar a fonte]- El Robinson urbano (1984). Colección de artigos xornalísticos.
- Diario del Nautilus (1985). Colección de artigos xornalísticos.
- La huella de unas palabras (1999). Antoloxía dialogada realizada por José Manuel Fajardo.
- Unas gafas de Pla (2000). Colección de artigos xornalísticos.
- La vida por delante (2002). Colección de artigos xornalísticos.
- Ventanas de Manhattan (2004). Diario de viaxe.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1986: Premio Ícaro de Literatura por Beatus Ille.
- 1988: El invierno en Lisboa:
- Premio Nacional de Narrativa.
- Premio Nacional de la Crítica.
- 1991: Premio Planeta por El jinete polaco.
- 1992: Premio Nacional de Narrativa por El jinete polaco.
- 1995: É elixido membro da Real Academia da Lingua Española.
- 1997: Premio Euskadi de Prata.
- 1998: Plenilunio:
- Premio Femina Etranger á mellor obra estranxeira publicada en Francia.
- Premio Elle.
- Premio Crisol.
- 2003:
- Premio Mariano de Cavia polo seu artigo Lecciones de septiembre.
- Premio González-Ruano polo seu artigo Los herederos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mumonline | Open Directory: Arquivo aberto de enlaces (en castelán)
- Páxina dedicada a Antonio Muñoz Molina (en castelán)
- Biografía e obras (en castelán)
- Diario del nautilus (recensión e fragmentos) (en castelán)
- Recensión de El invierno en Lisboa (en castelán)